MÁIS DE 300 ATLETAS CORRERÁN PASADO MAÑÁN DOMINGO NO “CARBALLO TRAIL RACE”, (Toda a información).

 

Máis de 300 atletas correrán pasado mañán Domingo no Trail de Carballo

O Concello de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia organizan o Carballo Trail Race 2020, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e con dous trazados en competición de aproximadamente 11 e 30 quilómetros. A carreira, que se disputará o 2 de febreiro e en cuxa organización colabora a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo, estará supervisada polo Comité de Xuíces da FGA.

trail longo (30 km. e 900 metros de desnivel) sairá da praia de Razo e percorrerá a vía de acceso ao porto de Razo, Senda Pinos do Mar, lugar de Santa Mariña, cruce da estrada Razo-Aviño, subida a Monte Neme, cumio de Monte Neme, paso por debaixo da nova estrada Carballo-Malpica en Cances, cruce coa antiga estrada Carballo-Malpica en Cances, estrada DP 1908 nas antigas escolas de Cances e centro social, monte de Liñeiro, cruce DP1910 en Liñeiro, Monte de Vilanova, Muíño Rego de Liñeiro, Vilanova, A Constenla, Muíño da Torre, Ponte das Gargas, A Devesa, A Cepeira, Muíño do Quinto, cruce da rúa Fomento, rúa Río Anllóns, rúa Río Miño, San Martiño, cruce da rúa Milagrosa, paseo do Anllóns, rúa Vila de Negreira e meta na rúa Vila de Corcubión.

trail curto e xuvenil (11 km. e 500 metros de desnivel) tamén terá saída na praia de Razo e seguirá o mesmo percorrido que o trail longo ata chegar á meta de Cances.

A organización disporá avituallamento sólido e líquido nos seguintes puntos do percorrido: km. 8, cumio de Monte Neme (líquido); km. 11, local social de Cances, meta do trail curto (líquido e sólido); km. 20, Muíño da Torre (líquido e sólido); km. 25, A Cepeira (líquido).

O carballés Carlos Bardanca, vencedor nas dúas primeiras edicións, é o gran favorito para esta edición do Carballo Trail Race 2020 Carlos Bardanca Fuentes venceu nas dúas primeiras edicións do Carballo Trail Race e será o gran favorito nesta terceira na que o número de participantes rolda os 250.

Alemáns, cataláns e segovianos son varios dos atletas de fora de Galicia que compitirán na proba carballesa. Antre os atletas anotados están o alemán, Sven Oliver, de Koln-Colonia; Hector Jose Castiñeira Belandria, de Caracas; Albert Bru, de Barcelona ou Luís de Andrés, de Segovia.
No panorama galego hai representacións da Coruña, Santiago, Lugo, Vigo, Verín (Ourense), Ribadeo, Burela, Ferrol, Negreira, Narón, Lalín ou Salvaterra de Miño. Da Costa da Morte hai deportistas de Carballo, Dumbría, Coristanco, Cabana, Zas, Muxía, Ponteceso ou Malpica, así como da Laracha e Cerceda.
O número importante de participantes na categoría feminina está no Trail Curto, entre as que figura Paula Era Esteiro, de Camariñas. Se o gran favorito é Carlos Bardanca, tamén estarán Marcos Trelles (Arteixo), Jose Antonio Señarís Pardo, (Carballo) ou Luís Miguel Antelo Lema “Míchel” (Vimianzo), no longo, e César Rodríguez (Arteixo), e Javier Seoane (Carballo), no curto, como candidatos a loitar por prazas de podio.
-Texto : Carballo deporte/Orgañización do Trail
-Foto : Orgañización do Trail

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies