Rolda de prensa de Richard Barral cas suas valoracións sobre as operacións que se fixeron tralo descenso para confeccionar a plantilla. Parece que tódalas olladas van a que Diego Rolán non fose traspasado, pero dende o noso punto de visra, como socios, accionistas e afeccionados é que xa poderán sair as cousas mellor ou peor, pero a plantilla que se confeccionou ven podería xogar na 2ª División con centrais de bo nivel coma Granero, Derik e a extraordinaria manobra de amarrar a Mujaick. No medio do campo a volta de Borges, haber conseguido fichar a Uche Agbo, posiblemente o xogador con maior calidade do plantel. A ampliación de contrato de Álex Bergantiños, totalmente merecida, a permanenza de Salva Ruiz e Keko Gontán, as fichaxes de Héctor Hernández , Nacho González, Miku, Rui Costa e a continuydade de Beauveu, así coma dous porteiros con moi boa pinta. Ver todo esto e falar de que é para un equipo de 2ª B, faise increible, os que quedaron e os que viñeron.
Pode sair mellor ou peor, pero os condimentos son para facer un bo banquete, agora falta ver o rendemento.
Richard Barral, Director de Fútbol do Club, pasouse pola sala de prensa de Abegondo unha vez pechado o mercado de fichaxes e configurado o cadro que pelexará polo ascenso a Segunda División.
Asegura que “estamos contentísimos co cadro formado. Agora só toca gañar”.
Subliña nesta liña que “temos un gran cadro. Agora temos que formar un gran equipo, que eses xogadores dean o seu máximo rendemento. Temos que estar todos unidos. En cada partido aquí non pode haber un momento de relax porque desde o minuto 1 os puntos contan e temos que ir cada partido a gañar. Como dicía Luis Aragonés só vale gañar, gañar e volver gañar. Non hai escusas para ninguén”.
Ademais, apunta que “todos temos unha presión brutal: xogadores, corpo técnico, dirección deportiva, secretaría técnica, Presidente, Consello, máximos accionistas. Todos temos unha presión brutal. Sabemos que nos xogamos moito. Temos que saír cada partido a gañalo”.
Richard Barral quere deixar claro que “tiñamos un orzamento e estamos por baixo. Estamos á altura doutros 8 ou 10 equipos que nos imos a xogar eses 4 postos de ascenso”.
O motivo é que “aquí todos os salarios están renegociados. É verdade que temos un dos orzamentos máis altos pero aquí hai unha cuestión de credibilidade. Para que un Uche veña e quede con todas as ofertas que ten de Primeira… Está claro que non lle estamos pagando o salario de Primeira nin de Segunda. Borges non está a cobrar o salario que tiña aquí ou en Turquía. Keko non está a cobrar nin a metade do salario que tiña no seu anterior contrato. Claudio tiña unha oferta de Asia 7 veces superior ao que cobra aquí. Aquí hai unha cuestión de credibilidade do máximo accionista, do Presidente e do Consello de Administración, da secretaría técnica e do Deportivo, que é un club crible”.
Destaca á xente que se involucrou “nun proxecto ambicioso. Se acaba ben e lévanos a Segunda, temos un cadro con moito feito para o ano que vén e vai cumprir os requisitos. Non hai ningún desaxuste económico. Non se fixo ningunha tolemia. Todo se renegociou, seguindo as pautas que marcaba un orzamento. Conseguimos xogadores que era impensable que xogasen en Segunda B. Convencéuselles e eles implicáronse. E eles están aquí porque queren”.
Advirte non obstante que “hai grandes equipos, a categoría é difícil. O formato é moi difícil. Témonos que esquecer dos contrarios. Temos que saír cada domingo a gañar o partido. Temos cadro, ilusión, ganas e temos que gañar”.
Finalmente, sobre a incorporación de Diego Rolan co dorsal 22, Richard Barral manifestou que “desde o primeiro momento estivemos a renegociar con el (o seu salario), como se fixo cos demais xogadores do cadro. Todos os xogadores que quedaron tiñan uns contratos, que se cadra non eran tan altos como os de Rolan, pero houbo que renegocialos todos. Uns compensando en anos, primas por ascenso, obxectivos…”
Así pois, confirma que Rolan incorpórase “como un xogador máis e valoraremos se queda até xaneiro, se queda até final de temporada… Pero é un xogador noso e tense que incorporar connosco”.
Aclarou que non veu antes porque “tiña un permiso do Club. A opción máis importante era a de continuar en México. Deixámoslle seguir adestrando alí co seu equipo. Logo cando veu, sempre foi baixo a supervisión do noso preparador físico. Cremos que era o mellor porque era o que máis posibilidades tiña de saír. Ao final o Club cre que as ofertas son insuficientes, que haberá un momento mellor. E se non, é xogador do Deportivo”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia