Bautismo en Abegondo para Derik por parte dos novos compañeiros.
Derik Osede adestrouse esta mañá por primeira vez cos seus novos compañeiros ás ordes de Fernando Vázquez.
O defensor madrileño fichado no día de onte, que remataba o mercado de fichaxes, e que chega para suplio a baixa de Somma, tras pasar na sua carreira pola canteira do Real Madrid, Inglaterra, e CD Numancia, completou toda a sesión con normalidade co grupo e entrou na lista de 20 convocados para o encontro de mañán mércores 7 de outubro no “Estadio de Pasarón”, a porta pechada, dende ás 12:00 horas, ante o Pontevedra CF, que será rival dos nosos nesta tempada que comeza o 17-18 de Outubro.
Será o cuarto amigable desta pretemporada para o equipo branquiazul tralos disputados anteriormente ante o Racing Villalbés, (0-3), CSD Arzúa, (5-0), e Bergantiños FC, (0-0). Para completar os encontros desta pretempada queda logo un amigable en La Devesa, (Bembibre), no que nos enfrontaremos o vindeiro sábado, (18:00 horas), ao Valladolíd Promesas, filial do Real Valladolid e que estará no outro subgrupo da 2ª B e podería ser rival dos deportivistas na 2ª Fase.
Quedan fóra da convocatoria os tocados : Rui Costa, con problemas musculares, así coma o canteirán Javi Sanmartín; Uche, (xa na recta final da súa recuperación), e Diego Rolan, que se incorporará aos adestramentos ao longo desta semana, tras fracasar as operacións da sua venda e quedar finalmente no clube deportivista.
PRETEMPADA DEPOR
Racing Villalbés 0-3 Deportivo (Lara, Adri Castro y Borges)
Deportivo 5-0 CSD Arzúa (Lara, Keko, Miku, Borges y Gandoy)
Bergantiños FC 0-0 Deportivo
Miércoles 7 de octubre, 12:00 h, Pasarón (Pontevedra): Pontevedra CF – Deportivo
Sábado 10 de octubre, 18:00 h, La Devesa (Bembibre): Deportivo – Valladolid Promesas
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia