ROLDA DE PRENSA DE DIEGO ROLAN : “SE ME VEN AQUÍ É OBVIO QUE QUERO IR DA MAN CO DEPOR”.

 

 

Por fin puidemos oir a Diego Rolan en rolda de prensa e máis alá de evitar preguntas amosouse moi ledo de haber debutado co Depor, sen importarlle a categoría, cousa que repiteu varias veces, disposto a seguir ata o final e con toda a “humildade” i en beneficio do equipo ; “Cando me chamou o Dépor estaba moi contento nese momento porque tiña moitísimas ganas de poder xogar na liga española. e facelo cun club como este era algo moi importante, un desafío lindo. Estaba moi contento. Non se deu a ocasión de poder xogar co Dépor pola cota de extracomunitarios. Todo chega ao seu momento e agora chegoume e estou moi contento de estar aquí. Por máis que sexa Segunda B, Segunda ou Primeira, as miñas ganas, a miña actitude e a miña alegría vai ser a mesma. Moi contento por estar acá e quero dar o máximo. Pero si, eu creo que tiven esa sensación que tiveron todos os afeccionados. De que ao fin Diego Rolan ía debutar. Tiña moitas ganas e tamén para min era un desafío. Obviamente que a xente espera bastante de min, entón para min é un desafío porque aínda non terminou, hai que demostrar cada partido e iso motívame”.

Dixo que quer “ir da man co Depor” e que para eso, “estaría disposto a baixarme o soldo”, afirmou o xogador uruguai, que tamén dixo non atoparse ao 100%, e estar moi contento co seu debut con gol : “Estaría disposto a baixarme o soldo, é obvio que estaría disposto. E se hoxe en día venme aquí é porque obviamente teño ganas de ir da man co Dépor, co equipo e que teño a humildade para xogar nesta categoría e axudar. É unha opción que obviamente non hai que descartar. Pero chegado o seu momento verase”.

-Todo o que dixo premendo no vídeo.

 

 

Os Socios do Dépor poden optar a 100 invitacións dispoñibles para o Dépor ABANCA- EDF Logroño do domingo

O Real Club Deportivo, dentro das esixencias da actual situación e á espera de coñecer se será posible a mobilidade entre concellos para desprazarse ata o de Abegondo, decidiu activar a organización do protocolo de apertura con aforo reducido da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido de Primeira Iberdrola do próximo domingo ás 12:00 horas entre o Dépor ABANCA e o EDF Logroño.

Poden optar a unha das 100 invitacións dispoñibles todos os Socios do Real Club Deportivo que o soliciten formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es, na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, IDE de socio, 4 últimos números do DNI e correo electrónico.

Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da invitación; en caso de adxudicación de invitación e de que se poidan realizar desprazamentos, poder notificar ao socio que ten dereito de acceso á Cidade Deportiva; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.

Dado o escaso número de localidades dispoñibles, o Real Club Deportivo roga encarecidamente que unicamente soliciten invitación aqueles Socios que vaian poder acudir o domingo ao partido, para evitar que queden entradas sen utilizar.

A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o venres 11 de decembro ás 17:00 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para o regreso do Dépor ABANCA en Abegondo.

Posteriormente ao peche do prazo de solicitudes notificarase, vía correo electrónico, a aqueles que sexan adxudicatarios dunha invitación, que dispoñen de entrada e o método de acceso á Cidade Deportiva.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, hixienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado ata finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies