REMATA A CESIÓN DE FEDE CARTABIA CO AL-AHLI QUE NON FAI EFECTIVA A OPCIÓN DE COMPRA E VOLTARÁ O DEPOR.

Fede Cartabia é un xogador doutro nivel.

 

Fede Cartabia desvelou na sua rede social que o pasado 30 de Maio rematou o prazo que tiña o Al-Ahli para facer efectiva a opción de compra que tiña. O equipo saudí non a levou a cabo a pesares de que días atrás manifestaban na prensa do país árabe que estaban contentos coas prestacións do arxentino e que se ía a facer efectiva a opción de quedarse en propiedade e facerse cos dereitos do xogador.

polo tanto Fede volve a ser xogador do RC Deportivo, do que marchou cedido o non poder facer fronte o clube deportivista do seu soldo dentro do tope salarial que tiña. Un tope salarial que aumentou ca chegada do novo presidente e o préstamo de 4 millóns de euros de ABANCA para poder reforzar o equipo en Decembro. A ampliación de capital tamén axudará a que o tope salarial suba máis para a vindeira tempada.

Cartabia amosouse contento de volver o Depor e dixo en isntagram que : “O meu contrato acababa o 30 de maio co Ao Ahli e non executaron a cláusula de compra. Son xogador do Deportivo, teño dous anos aí, e xa veremos que pasa no futuro. Eu díxeno sempre, se teño que volver ao Dépor non me faría mal, é a miña casa. Volver a casa sempre é lindo”.

De quedar a vindeira tempada sería todo unha fichaxe de “campanillas”, para a Segunda División, se finalmente se acada a permanenza, e senón sería unha boa maneira de facer caixa, trala boa campaña que fixo en Arabia Saudí.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies