O PORTO DEPORTIVO DE MUXÍA, “MARINA MUXÍA” ANTRE OS PRIMEIROS DE GALICIA CON PRETO DE 1000 ATRAQUES NO 2022.

 

 

Tras recuperarse do parón pola pandemia, o porto deportivo de Muxía muxián, “Marina Muxía”, ponse no podio dos portos deportivos deste tipo en Galicia, ocupando o segundo lugar, con 820 atraques no 2022 nas suas instalacións, que se podería decir que pasou dos 1000, si se ten en conta os que tan só pernoctan para seguir ruta, e non son apuntados no rexistro. 

O porto deportivo da Vila da Barca, tivo un crecente tránsito, en gran medida polo boca a boca, antre os patróns de embarcacións de mesma nacionalidade ou outras. Influe, que o porto muxián, sexa o mellor en calidade, e en posición, e o único que pode albergar grandes barcos, por ter pantaláns especiais para eles, para tódolos barcos que veñen do norte. Un exemplo está nos que máis nos visitan, os franceses, La Rochelle, está a 400 Millas nauticas da Vila da Barca, e para navegar hacia o sur teñen no noso pobo o mellor lugar de parada, e abastecemento de todo tipo.

Por nacionalidades segue no primeiro posto Francia, seguida de Alemania, que desbanca a Reino Unido, que se veu superada dende o Brexit. Para o terceiro lugar estaría antre Suecia e Noruega, pero non lle andan lonxe, Holanda, Dinamarca, Irlanda ou Polonia. Logo hai barcos de sitios exoticos, como Australia, ou Suiza, que seguen a crecer nas suas visitas. Ademáis dos españois, que tamén son numerosos.

 

 

 

Muxía lugar de parada dos patróns profesionais que trasladan barcos dos astilleiros franceses ou ingleses ao Mediterraneo ou o Caribe. Muxía ao ser un punto estratéxico sendo o concello máis occidental de España, é o lugar elixido polos patrons profesionais, encargados de levar barcos dende os asteleiros do norte de Europa a diferentes destinos do sur, ademáis pola calidade das instalacións, e a grande oferta que oferce o pobo, en avituallamento e restauración.

O porto deportivo “Marina Muxía”, conta con 250 amarres, sendo o máis grande de toda a Costa da Morte, e conta con instalacións de alto nivel, como duchas, corrente eléctrica os barcos, Wiffi, auga, espacio de recollida de residuos sólidos e líquidos, gasoliñeira, tenda, zona de varada para atención a barcos, e nada máis sair das instalacións, lavanderías autoservizo, restaurantes, bares, farmacia, tendas diversas, supermercados, etc…todo a un simple paseo, algo que gusta moito aos visitantes. Así como a vista ao Santuario da Nosa Señora da Barca, e as praias.

 

A “Sail the way” trouxo unha trintena de barcos a Muxía.

 

 

 

A grande cantidade de nacionalidades gusta os forasteiros

Muxía ao ser remate do Camiño de Santiago a Muxía, e da Vía Mariana, así coma paso do Camiño dos faros, fai que no pobo se poida atopar todo o ano persoas das máis diversas nacionalidades, algo que lles gusta aos extranxeiros que amarran no porto deportivo, que se sorpenden gartamente o toparse con veciños dos seus paises, nos paseos e nos locais do pobo. 

 

Ralis marítimos, grupos familiares e actvidades

Tal e como nos comenta Marcos Trillo, responsable do “Marina Muxía” : “os Navegantes de Rally, navegan en grupos de entre dez e trinta barcos, cunha maior ou menor organización. Xeralmente están formados por tripulacións con pouca experiencia que ven máis apoiados ao navegar en grupo. No ano 2022 tivemos 4 rallys na total, “Sail the wey” peregrinos desde Francia pasando por todo o Cantabrico, Un Rally da conmemoración dos 500 anos da volta ao mundo de ELCANO, un grupo de Daneses e outro grupo de navegantes da Royal Cruising Asociatión ambos os dispostos a cruzar o atlántico rumbo ao Mar caribe.
Outro tipo son os Grupos Familiares , que son familias que navegan en veleiros, sen présa e con nenos moi pequenos que teñen que facer a súa escola no barco asistidos polos seus pais que fan de mestres durante o curso. É sorprendente ver nenos no porto tan afeitos ás tarefas de navegación, poden pasarse varios anos navegando e estudando durante todo o ano, con paradas moi longas nos portos. Adoitan estudar desta forma ata a idade universitaria, que é cando teñen que centrarse para facer realmente unha carreira.

 

Actividades.
“O pasado ano desenvolvéronse varias actividades no porto desde o mes de Abril cando se iniciou (O MAR NA ESCOLA) coa colaboración do Concello de Muxía e Prodemar. Saíron a navegar en varias embarcacións nenos de todos os centros educativos do Pobo en diferentes datas desde Abril a Xuño.

Desde hai un ano o programa GAVEA, (Galicia Vela Adaptada), ten a súa embarcación “LAION”, amarrada no noso porto e realiza as actividades na ría, saídas con persoal voluntario e persoas con diferentes capacidades ,procedentes de varias asociacións de toda Galicia. O programa é xestionado por COGAMI na área de lecer e trata de dar un raio de alegría aos usuarios das asociacións, que en ocasións pasan por un momento difícil. Saen a navegar escoitan música gozan dun barco nun día de verán… un pracer merecido. Este ano realizouse durante o mes de Setembro, co que coincide coas festas do pobo… outro motivo para visitarnos e gozar do momento. (Só Coas historias deste barco dá para un libro)”.

 

Transporte para coñecer a zona

A Marina Deportiva ten a disposición dos iateiros un trasnporte para visitar zonas do concello muxián e dos arredores : “o porto pon ao dispor dos navegantes un coche de cortesía que lles permite facer pequenos desprazamentos pola zona… Caldeiras do Castro, Nemiña, (para facer surf), Cabo Finisterre, Fervenza do Ezaro, Santiago de Compostela, aeroportos,  etc..
En xeral un acerto e o coche está practicamente ocupado durante toda a tempada, tendo mesmo que limitar o seu uso para que todos puidesen gozar dél, (o que tamén fai que se alonguen as estancias), dinos Marcos Trillo a este respecto.

 

 

 

Barcos amarrados

A día de hoxe había no porto muxián un total de 18 iates amarrados, algún que estará ata que chegue a temporada estival, e outros, que pernoctan abrigándose dos temporais. Tamén os hai que deixan o barco aquí, e logo retornan durante o mes, coma se tivesen un piso flotante en Muxía, ata que lles cheguen as vacacións e collan rumbo a outras latitudes. Ademáis hai de maneira permanente preto dun cento de embarcacións de pesca deportivas de veciños da localidade e doutros puntos de Galicia.

 

O Marina Muxía é único que pode acoller grandes barcos en toda a Costa da Morte.

 

 

O Marina Muxía asistirá a varias feiras mundiais no 223

Co obxeto de fidelizar e promocionar o porto deportivo muxián, o Marina Muxía participará durante o 2023 en varias feiras de navegación por Europa. As que están xa pechadas son, Alemania, (21 ó 29 de Xaneiro), Suecia, (4-12 Febreiro), Holanda, (30 Agosto a 3 Setembro), Reino Unido, (15-24 de Setembro), e Francia, (20-25 de Setembro).

Marcos Castro amósase moi contento do crecemento do porto deportivo, Marina Muxía, que él dirixe e tamén da grande cantidade de referentes que reciben dos usuarios, tanto diretamente a él, cmoa nos portais de navegación, todas elas positivas : “Tanto para o trato, coma para as instalacións, como ao pobo, do que todo son eloxios, polos seus paseos, establecimentos de compra, e restaurantes”.

 

Os iates tamén participaron do Nadal iluminando as suas arboladuras.

 

GRANDES BARCOS

 

 

O “Elixxir”, un gran veleiro oceánico, dun famoso americano, foi sen dúbida unha das grandes atraccións do porto deportivo muxián este pasado ano.

LOCALIZACIÓN DO MARINA MUXÍA

 43º6´4´´N

009º12´8´´W

CARTAS NÁUTICAS

 928, 927, 4131, 4141 IHM

 

 

-Fotos : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia/Marina Muxía

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies