CRÓNICAS 12ª XORNADA DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS E DA 10ª DA 1ª GALICIA DE VETERANOS E PREVIA DA VINDEIRA XORNADA EN AMBAS LIGAS.

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

-12ª Xornada-

 

O San Lorenzo gañaba con moitos apuros o seu primeiro encontro do 2023, pois os veteranos descansaban unha semana máis co resto de competicións, nun choque no que chegaron a ir 0-3 no “Feira Nova”, ante o Club Veteranos Leiloio, pero no que os malpicáns acurtaban ata poñerse 2-3, a falla de 20 minutos para o final para dar emoción o choque. Quedan os de Berdillo a un encontro de proclamarse Campións de Inverno.

Pola sua banda os seus perseguidores comezaban con moita forza, pois o San Román, segundo clasificado facíalle 5 ao Vorme, ao igual ca o Arasolis ao Mazaricos, e oSporting Zas a un descoñecido Dumbría, que cae a cuarta posición a costa dos zacenses que lle arrebatan o 3º posto. por abaixo na loita pola permanenza só o Cabana gañaba o seu encontro e facíao contra un rival direto, o colista SD Fisterra, e remontaba ao Leliloio, para deixar o descenso a falla de toda unha volta, máis un encontro a 4 puntos.

 

PROXIMA XORNADA

 

 

 

1ª GALICIA VETERANOS

-11ª Xornada-

 

 

O encontro da xornada nesta primeira tirada do 2023 xogábase no Pedra Queimada de Malpica, o lider CD Razo, tiña un difícil choque ante o terceiro da liga, Vetreanos SCD Malpica, e o encontro non desmereceu, nen perdeu interese e tensión, cargada de incertidume ata o pitido final, pois o trunfo caía do lado do lider, que vencía cun solitario gol de Docampo aos 37 minutos de xogo. Os racenses están a unha vitoria de levarse o título honorífico de Campión de Inverno, para o que precisan é vencer, ou que o SD Oza, non venza no seu encontro. Os ocenses tamén xogaban con outro malpicán, o SCD Buño, e de igual maneira a vitoria era moi axustada, pola mínima cun tanto de Santio Añón aos 4 minutos de xogo. Quedan agora o Malpica, o Nantón, (que descanso), e o Soneira, que caía ante o Corcoesto, a 6 puntos do lider, e a 4 do posto de ascenso que ocupa o Oza.

 

PROXIMA XORNADA

 

 

 

-Foto : Paco López

-Texto : piratasdemuxia