O Calvo Xiria gaña en Culleredo e segue collendo sensacións para o inicio de liga.

 

O Calvo Xiria superou a un competitivo BM Culleredo no que era o primeiro partido
amigable para uns carballeses que se quedaron moi satisfeitos polo visto sobre a pista e
relacionado co xogo, pero que se marcharon cun sabor un tanto agridoce polos
contratempos que foron sufrindo ao longo do encontro.

BM Culleredo 26-38 Calvo Xiria

Ambos conxuntos saltaron á pista moi conectados ao partido, pero a defensa 5:1 do
Calvo Xiria, con Mario Cancela no avanzado; e a intensidade da mesma fixo que xa no
tramo inicial, os pupilos de Adrián Dubra fosen collendo certa vantaxe no marcador.
O traballo defensivo dos verde e negros foi practicamente impecable durante o primeiro
cuarto de hora de encontro, aínda que estes sufrisen o seu primeiro contratempo debido
a que Chimpo sufriu un esguince leve de nocello, uníndose así á baixa de Carlos
Guisasola.

Por non todo foron baixas nin malas novas, xa que foi este pasado venres cando volvería
un deses mozos que están chamados a ser parte fundamental do Calvo Xiria non só do
presente, senón tamén do futuro, como é un Aaron Rodríguez que despois de moitos
meses de baixa saltaba á pista de novo para defender a camisola verde e negra.

Durante o último cuarto de hora da primeira metade, os cullerdenses axustaron a súa
táctica tanto defensiva como ofensiva e lograron igualar a balanza nos últimos parciais,
pero aínda así, chegaríase ao descanso cun 12-18 no luminoso. Nos segundos trinta minutos, os verde e negros realizaron numerosas probaturas de cara
a ese inicio de liga que xa está tocando á porta.

Adrián Dubra cambiaría a defensa do 5:1 ao 6:0, pero un novo imprevisto en forma de
lesión dun Fran Rey que sufriría un pinzamento de xeonllo, faríalle reaxustar de novo ao
equipo para non perder intensidade e os xogadores responderon ás mil maravillas para
seguir coa súa tónica ascendente e finalizar o encontro cunha clara vitoria tal e como
reflexaba o 26-38 final.

-Foto e Texto : Comunicación Balonmán Xiria

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies