ZONA MIXTA : COMENTARIOS TRALO ENCONTRO DE JAIME E JUERGEN.

 

Após o Tudelano-Dépor, Jurgen Elitim e Jaime Sánchez analizaron o partido en zona mixta.

Ambos acabaron sendo substituídos, o primeiro xa con sobrecarga nas pernas e o segundo amoestado. Para Jurgen “sempre traballamos para tentar arrincar así, sabemos que o inicio é unha parte crucial da temporada e trabállase para iso. Si que tiven o contratempo durante a pretemporada, pero arrincamos ben, con 6 puntos agora e pensando en recuperar e ir a por 3 o próximo”.

En canto ao choque cualifícao de “Moi difícil e son partidos que se nos van a dar. Esta é a categoría e creo que temos que adaptarnos. Hoxe fixémolo ben. Para afrontalos temos un cadro enorme, con xogadores de moita calidade, con distintos perfís de xogadores. Nós ímonos a adaptar no campo que nos toque. Nós temos a sorte de contar co estadio que temos, pero creo que iso está fóra da realidade da categoría. Temos que ser conscientes e adaptarnos a este tipo de escenarios e estou seguro de que o faremos e seguiremos sacando vitorias”.

Tres do seis goles deportivistas levan a súa firma no pase previo: “Contento pola miña banda, porque serviron para triunfos do equipo, por axudar e se é con asistencias pois moito mellor. O equipo está nunha moi boa liña e esperamos nós todos seguir así”, neste caso ademais en xogada ensaiada: “Esperamos que nos siga saíndo así, son xogadas de estratexia que traballamos durante a semana e para nós é unha alegría que logo se vexa plasmado nos domingos”.

 

 

Pola súa banda Jaime Sánchez mostrouse: “moi contento co triunfo, sabiamos que viñamos a un campo complicado e vitoria importantísima porque ao final a semana pasada foi no noso campo. Sabiamos que que este partido ía ser totalmente diferente por por o rival e polo campo. Superámolo con fartura e moi contentos”.

Jaime, titular en ambos os choques, entende a súa pronta substitución hoxe após ver cartón: “Paréceme totalmente lóxico porque é verdade que quedaba moito partido e como digo era un partido moi disputado, con moitos duelos e en calquera momento poderían sacarme a segunda e quedarnos cun xogador menos. Non ía ser bo para o equipo” nun partido “digamos que hoxe non tanto de fútbol de salón, senón máis de barro, de baixar ao barro e loitar polos puntos. Sabemos que vai haber moitos campos así, pero o equipo demostrou hoxe que pode gañar en campos así tamén. E é que para para conseguir o obxectivo é necesario vir a campos así e levar a vitoria”.

Por último, Jaime comparaba os dous primeiros partidos da temporada: “Ímolo a ter máis fácil porque ao final o noso estilo de xogo no campo, a afección que aperta e apóianos desde a bancada pono máis fácil, pero como dígo, temos un cadro moi amplo, temos xogadores moi polivalentes e que poden facelo moi ben tanto en casa como como fóra dela”.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo