O BERGANTIÑOS FC FICHA O NARONÉS, DANI MARTÍNEZ, COMO SEGUNDO ADESTRADOR E ANALISTA DO PRIMEIRO EQUIPO.

 

O Bergantiños FC infórmanos da incorporación de Dani Martínez Prieto, como segundo adestrador e analista para o seu equipo de 2ª RFEF.

Dani Martínez, natural de Narón posúe o nivel 3 de adestrador e un Postgrao de Análise de Xogo. Estivo como analista e axudante no corpo técnico do Racing Club Ferrol de Terceira, clube no que ademáis foi adestrador de fútbol base, pasando por todas as categorías.

O equipo carballés debutou na 2ª RFEF con derrota

O Bergantiños FC debutaba no día de onte na 2ª RFEF e caía por 3-0 ante o UP Langreo, nun choque que acababa ba primeira metade con 1-0, gol de Juan López aos 39 minutos de xogo. Non foi ata o treito final cando se rompeu o choque definitivamente. O xogador local, Junior facía o 2-0 no 88, e dous minutos máis tarde chegaba o definitivo 3-0.

Os carballeses debutaran na Eiroas o vindeiro Domingo 12 de Setembro recibindo ao UC Ceares a partires das 19:00 horas.

-Foto e Texto : Comunicación Bergantiños FC/piratasdemuxia