GOLEADA DO CF MAZARICOS FEMININO SOBRE O TERRA DE MONTES, (5-0), PARA SEGUIR ESCALANDO POSTOS.

Este xoves colgaremos unha escolma de fotos diste encontro.

 

CF Mazaricos 5-0 EFM Terra de Montes

José Ángel Carreira, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : “Aos 2 minutos xa metíamos o primeiro en xogada de Tamara e despois si que aguantaron ben elas, e a porteira estivo moi acertada en varias ocasións, pero víase que eramos moi superiores e os goles ían chegar. Atrás moi sólidas sin conceder apenas ocasións, e as que chegaban moi ben resoltas por Sheila. No minuto 30 Iza encargábase de meter en xogada individual, regateando a defensa e definindo moi ben. Xa na segunda metade, de novo Tamara e logo Graciela encarrilaban o partido deixando listo e sentnezado. Iza facía o segundo da sua conta particular e o que compoletaba a “manciña”. En resumen moi superiores con moitas máis ocasións, e sen conceder apenas tiros”.

 

As mazariquenses xogaron de branco ante a coincidencia do Terra de Montes.

FICHA TÉCNICA

 

 

CLASIFICACIÓN

O CF Mazaricos ocupa a 8ª praza con 17 puntos os mesmos co 7º, EF A Estrada e a 2 do 6º, Victoria FC “D” e a 3 do 5º, Trazo CF.

 

 

PROXIMO ENCONTRO

O equipo mazariquense visita na vindeira xornada, (13ª) ao SD O Pino, penúltimo clasificado o vindeiro 14 de Nadal. Este vindeiro fin de semana a liga descansa.

-Fotos : Jorge Villar “Gorrión/José Ángel Carreira

 -Texto : José Ángel Carreira/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.