O ARZÚA FCF DERROTOU O ED AS MIÚDAS, (1-2), EN MUROS POR MAIOR EFICACIA DE CARA A GOL.

A puntería decideu o choque antre muradanas e arzuanas.

 

ED As Miúdas 1-2 Arzúa FCF

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Só o acerto cara a porta foi quen de resolver un encontro no que as locales tuveron máis e mellores ocasións ademáis do dominio do xogo. Moi entonadas as de Muros que nun gran arranque xa meterían na súa area ás arxuanas, Antía o pau, Pati o pau, Leti cabecea por riba do longueiro un córner que xa se celebraba e Gala soa na area pequena daríalle ó aire libre de marcas…Martina tras un mal apoio tería que sair do campo no minuto 24 e as visitantes sacaron petroleo en superioridade numérica tras un man despexe de Antía que cae no borde da area e o remate bombeado de María José se cola por alto no primeiro achegamento con perigo das de Arzúa.

O gol dou vida as visitantes que se animaron con balóns ás costas da defensa e 10 minutos despois porían o 0-2 nunha boa xogada desde a banda dereita que Helena non perdonou, o partido ina de area a area Martina tería opción de recurtar distancias pero o remate dende dentro da area saía desviado tras petar nunha zagueira, e antes do descanso un remate de Leti batería nas máns dunha defensora dentro da área, Antía non perdonaría dende os 11 metros para ir o descanso con 1-2.

Trala reanudación so un equipo quería xogar e buscar a area contraria, as visitantes esperaban en campo propio e tentaban buscar as extremos con balóns longos, pero apenas inquietaron a Adriana. Non deixaron de intentalo as Miúdas, pero nunhas veces a porteira de Arzúa e outras a falta de tino non permitirían puntuar, os minutos voaban en favor das segundas clasificadas que non dudaban en cortar o xogo con faltas e incluso coas mans, e facían lentas as voltas o xogo para gardar o resultado. Tanén Helena puido sentenciar tras zafarse de Antía que a agarrou pero non sacou probeito da vantaxe aplicada polo árbitro. E sin máis e con so 3 minutos de desconto morreron as intencións dunhas locales que propuxeron moito pero viron como os puntos voaron pola falta de acerto.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

CLASIFICACIÓN

O ED As Miúdas ocupa tras esta derrota a 5ª praza con 16 puntos, posto de promoción de ascenso, a 3 puntos do CD Unión, (4º) e a 5 do UC Cee, (4º).

 

PROXIMO ENCONTRO

O equipo muradán visita a vindeira xornada, (11ª), ao Atlético Arousana “B” o Domingo 8 de Nadal a partires das 17:00 horas no “Manuel Jiménez” de Vilagarcía da Arousa.

 

-Fotos : FaceBook EF Arzúa

 -Texto : Fran Figueroa/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies