CRÓNICAS DERRADEIRA XORNADA DO GRUPO 2 DA 2ª DIV. GALEGA FEMININA : “REMATE DUNHA HISTÓRICA TEMPADA CUN DERBI POR TODO O ALTO EN CORME COMO GUINDA DO PASTEL”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2

-26ª Xornada-

(Derradeira)

Derradeira xornada dunha histórica e ilusionante tempada que lle valeu a Cerqueda, Corme e Ponteceso para seguir sumando experienza. De guinda do pastel desta liga que vos trouxemos enteiriña gracias a colaboración dos adestradores con comentarios e fotos, tivemos o derbi Corme-Ponteceso que encheu de ambente o 2O Cairo”, unha festa do fútbol costeiro. Mágoa a dura derrota do Cerqueda nesta despedida da liga, pero de todo se aprende e se sae máis forte, e agora a pensar xa na Copa da Costa Feminina que comeza a vindeira fin de semana ca previa.

 

Lanzamento de un dos penaltis por Eva Carril.

 

Corme CF 1-2 Ponteceso SD

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Último Partido de liga co obxetivo do 7° posto xa logrado a falta de Unha xornada, pero non era un partido mais, era un Derbi, con todo o q eso significa. O noso equipo, salvo os 10-15 últimos minutos da primeira parte non estuvo ben, demasiado medo a perder quizá, atenazounos e levounos a xogar un tipo de partido no que nos non sabemos competir. Ainda así, sempre generamos algunha ocasión que non fomos capaces de transformar en gol e eso levounos a perder un partido que tiñamos gañas de ganar para dedicarllo a afición que tanto nos apoiou en éste ano de inicio, pero non fomos capaces de facelo, así que estamos en débeda con eles que espero pronto tentaremos saldar. Para min foi un partido malo donde se viu moi pouco futbol, por non decir ningún”.

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :Último partido ligueiro correspondente á xornada 26 na que disputaríamos o derbi contra as veciñas do Corme. Espectacular partido e ambiente o que se viviría na tarde de sábado no campo do Cairo. Comezaba o partido cun Puenteceso que buscaba ter o dominio e presionando en campo rival, dificultando moito o xogo das cormeláns. Froito desa boa presión chegarían varias xogadas de perigo por medio das atacantes Lauriña e a killer Andrea na que a defensa local se mostraría moi segura e contundente. Tamén crearían perigo as locais en sendas contras ben levadas pola capitá Carla na que a meta pontecesá María se luciría facendo intervencións de luxo. Chegaría o redor da media hora de xogo o primeiro tanto da tarde tras un penalti cometido polas locais nunha xogada de córner sobre a todoterreo Muíño e moi ben executado por unha excelsa capitá Eva. Pouco nos duraría a alegría xa que en un mal rexeite da nosa defensa aproveitaría Naroa para irse en velocidade e executar un pase da morte para que definira Carla e puxera o empate a uns no marcador. Remataría entón esta primeira metade.

Tras o tempo de lecer seguirían as de Curro coas ideas moi claras e saíndo polo partido facendo moito dano nos saques de banda dunha espectacular Ainhoa e nos que en varias ocasión puidemos poñernos de novo por diante no marcador. Pola contra, as locais non eran capaces de chegar con perigo a meta de María grazas a un traballo espectacular das nosas defensoras. Refrescaría Curro o equipo dando entrada a Vir, Lara Fariña e Laura, xa que o gran esforzo físico do partido estaba a pasar factura. Chegaría ao redor do mintuto 75 a xogada clave do encontro xa que tras un saque de banda rematado en área pequena entre Vir e Muíño sería desviado por unhas mans das defensoras do Corme, o que faría que o árbitro sinalara de novo un claro penalti. Non se poñería nerviosa a excelsa capitá Eva, quen enganaría a meta local mediante un tiro cruzado. Subiría liñas neste último treito o Corme para intentar lograr o empate, pero un bo traballo de todo o equipo evitaría calquer tipo de xogada de perigo.

Remataría co 1-2 o encontro e esta liga deixando un inmellorable sabor de boca para toda a familia pontecesá tras lograr a vitoria no derbi. Gran traballo de todo un Puenteceso no que vai de ano, deixando claro que nunca se renden e loitando cada partido ata o final“.

 

Goles : 0-1, Eva, (28´de penalti); 1-1, Carla, (37´); 1-2, Eva, (75´).

Árbitro : Pablo Rama. Non amosou ningún cartón.

 

 

Corme CF : Belén, Ana, Naroa, Cris, Carla, Ana María, Nati, María Josefa, Lucía, Aroa e Irene. Tamén xogaron : Candela, e Laura.

 

 

Ponteceso SD : María Lema, Laura Ramos, Andrea Varela, Andrea Rodríguez, Eva, Myrella, Ainhoa, Noe, Míriam, Laura Berdeal, Laura e Silvia. Tamén xogaron : Virginia, Lara e Laura Rodríguez.

 

Próximo encontro

Nicrariense-Ponteceso

O vindeiro 28 de Maio na previa da Copa da Costa Feminina o Ponteceso visita Negreira.

Corme CF-Xallas FC

O vindeiro 28 de Maio na previa da Copa da Costa Feminina o Ponteceso recibe ao subcampión do Grupo 4, Xallas FC.

 

******

SE Abella 12-0  UD Cerqueda

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “A crónica do noso encontro é tan doada de facer como dura de facer. Fixemos o peor partido do curso. Non estivemos en ningún momento no partido. Superadas dende o minuto 1 o 90.
Partido para esquecer e o  peor, ás 3 lesións o largo do encontro. Recuperar, resetear e traballar para a copa”.

UD Cerqueda : Valeria, Jimena, Uxía, Lucía, Mónica, Paula, Tatiana, Raquel, Andrea, Mariña e María Isabel. Tamén xogaron : Inés, Sonia, Vanesa, Paula e Carla.

Goles : María K, Laura Raña, (8), Lucía Ivana e Carla.

Árbitro : José Miguel Ballester. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

Nicrariense-Ponteceso

O Cerqueda descansa a vindeira fin de semana a espera de rival nos cuartos da Copa da Costa Feminina no encontro antre o Cee e o Mazaricos.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ

 

+++++

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Fotos Ponteceso : Marcos Curros

-Foto Corme : Rubén Souto

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies