2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4
-26ª Xornada-
(Derradeira)
Derradeira xornada dunha brilante liga para tódolos equipos costeiros na parte alta da clasificación, co Xallas subcampión, e con Yasmina como máxima anotadora da liga con 36 goles. O Cee e o Dumbría tamén promocionarán, (3º e 5º posto), e o Miúdas en posto de posible promoción, (sorteo hoxe ás 12:30 horas). Pola sua banda o Mazaricos na sua primeira participación no Fútbol 11 nunha meritoia 9ª praza. Así remata a liga, da que coma sempre vos traemos os comentarios dos adestradores, aos que lles agradecemos enormemente a sua colaboración, e xa a pensar na Copa da Costa Feminina que comeza cas previas a vindeira fin de semana.
Abrazo antre Eva Lema e Fran Figueroa, a muxiana abreu o marcador.
SD Dubra 0-8 CF Dumbría
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Non podía haber mellor escenario para despedir a liga que o céspede natural do Juan Baleato, da gusto atopar campos así onde practicar fútbol do de sempre, terreo coidado e trato de 10 dunhas rivales que plantaron cara a pesares de estar en fase de iniciación ante unhas dumbriesas cunha marcha máis, que non tardaron en collerlle xeito ó tapete e levaron de inicio a fin o peso do encontro trenzando bonitas xogadas e facendo 8 goles, que se repartiron, como durante a temporada, Eva abreu a lata, Claudia facía un triplete, Juliette culminou un xogadón de Eva, e Kelly de libre directo faría un dos máis fermosos. A capi Fandi gañoulle a apuesta ó míster facendo o seu 25 gol da temporada, e por si acaso reclamaba o de penalti asegurou con outro máis na sua conta particular, 26 goles xogando de mediocentro, ben valen un churrasquiño. Punto e final nun primeiro ano de competición onde as dumbriesas plantaron cara a cada rival, pero sobre todo, ofreceron sempre gañas de xogar o balón con criterio, que as levaron a ese 5º posto que da dereito a pelexar por ascender. A preparar a fase de ascenso e a Copa da Costa para seguir medrando e mellorando ó redor do balón“.
CF Dumbría : Lía, Lucía, Carril, Noa, Mai, Eva, Claudia, Fandi, Sabela, Kelly e Juliette.
Tamén xogaron : Naira, Paula Rodríguez, Icía, Yoli e Ainoa.
Goles : Eva, Claudia, Paula Fandiño, Kelly e Juliette, (1ª metade), Paula Fandiño e Claudia, (2ª metade).
Árbitro : José Luis Reboredo. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
O Dumbría non xogará a vindeira semana a espera do seu rival en Cuartos de Final da Copa da Costa, que sairá da previa ante Nicrariense e Ponteceso.
Praiña Sporting Club 2-0 ED As Miúdas
Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Cando njos chegue o seu comentario colgarémolo aquí”.
ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Marta Verán, Bárbara, Pati, Leticia, Sofía, Marta Piñeiro, Ana e Ximena. Tamén xogaron: Naiara, Uxía, e Clara.
Goles : 1-0, Iria, (4´); 2-0, Iria, (49´).
Árbitro : Paula González. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
O Miúdas non xogará a vindeira semana a espera do seu rival en Cuartos de Final da Copa da Costa, que sairá da previa ante Corme e Xallas.
CF Mazaricos 1-3 UC Cee
Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : “Partido con pouco ritmo onde o Cee levou o ritmo de partido pero sen apabullar a nosa defensa. Dispuxemos de ocasións ambos equipos, pero o Cee foi máis eficaz, nos 3 tiros que tiraron entres os 3 paus marcaron gol. Comezamos mellor a segunda parte cunha Tamara activa que aprobeita un erro defensivo e marca o 1-3. A partir de aí o partido apagouse e apens houbo ocasións para ningún lado. Noraboa ao Cee pola temporada que fixeron e as amarelas pola progresión e as ganas que demostraron todo o ano”.
UC Cee : Buscamos colaborador para as crónicas e novas do UC Cee Feminino
CF Mazaricos : Araceli, Claudia, Peta, Fátima, Ánxela, Buján, Silvia, Saray, Dani, Tamara, Lúa.
Tamén xogaron: Leire, Romay, Paula R, Hermida e Katia.
UC Cee : Noemi, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Alba, Nerea, Laura Blanco, Saray, Lucía Caamaño, Sharay, Ruth, e Lucía Martínez. Tamén xogaron : Antía, Lucía Ramos, Sabela Abel, Sabela Corbelle e Nayara.
Goles : 0-1, Nerea, (22´de penalti); 0-2, Saray, (38´); 0-3, Lucía Martínez, (43´); 1-3, Tamara, (47´).
Árbitro : Roberto Baña. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
UC Cee-CF Mazaricos
0 Cee e o Mazaricos enfrontarase o vindeiro 28 de Maio no San paio de Refoxos na previa da Copa da Costa e o vencedor medirase o UD Cerqueda nos Cuartos.
SR Calo 4-2 Xallas FC
Rupper, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “O Xallas que lles fixo o pasillo as locais antes do comezo.
Un partido divertido no que oubo ocasións na primeira metade para os dous conxuntos pero que só acertaron as locais chegando cun 3-0 o descanso, cun gol de penalti no desconto que do viu o tencilla, moito ruído para tan poucas noces…O Xallas entrou o campo na segunda metade un tanto máis precavido e coas liñas xuntas e abofé que o fixo xa que apenas lles concederon chegadas de perigo as locais. Yasmina faría o 3-1 un bo gol despois dunha boa triangulación con María. Voltaría a anotar o Calo e nos derradeiros minutos Yaiza faría o seu primeiro gol da tempada sorprendendo dende fóra da área a meta do Calo facendo o 4-2 final. Con este partido o Xallas remata unha estupenda tempada co subcampionato de liga que non estaba nos nosos soños antes do comezo da mesma, ademais Yasmina Mtnez. como máxima goleadora con 36 goles do Grupo 4° da 2° Div. Feminina e Rosio como a gardamallas menos goleada dos dous grupos da Costa con -21 goles en contra“.
Xallas FC :Rosio; Laura, Rita, Saskia, Andrea Otero; Ali, Andrea Barbeira, María; Olalla, Yasmina e Paula Barcia.
Tamén xogaron : Inés, Nuria, Paula Barcia, Yaiza e Paula Gándara.
Goles : 1-0, Violeta, (24´) ; 2-0, Aurora, (35´); 3-0, Laura, (45´ de penalti); 3-1, Yasmina, (61´); 4-1, Carla, (63´); 4-2, Yaiza, (87´).
Árbitro : Juan José Otero. Amonestou polas de Teo a Gabriela.
Próximo encontro
Corme CF-Xallas FC
O Xallas visita o “O Cairo” para enfrontarse o vindeiro 28 de Maio na previa da Copa da Costa o Corme, e o vencedor medirase o UD Cerqueda nos Cuartos.
CLASIFICACIÓN
Crónicas da xornada do outro grupo
-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ
Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.
-Foto Dumbría : Fran Figueroa
-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores