Sorteáronse esta mañán as fases de Ascenso e de Permeanenza da 2ª División Feminina. Para a vindeira tempada haberá tan só 2 grupos nesta división poloq ue serán moitos os equipos que caian a 3ª División Galega. Incluso os que xogan a Fase de ascenso e non pasen o corte terán que loitar pola permanenza. Ademáis é todo un despropósito que haxa emparellamentos con equipos cos que nunca xogarán en liga, pero hai que dicir que é un despropósito toda a orgañización, pois se temos en conta as clasificacións da RFGF, nada ten que ver co que se está a facer, o que polñen por zonas de clasificación.
No Grupo 4, o Xallas, Cee e Dumbría loitarán polo ascenso ante Eirís, Cacheiras e Atlético San Pedro. No que se refire a permanenza o Miúdas enfrontarase o Sardoma C. Na permanenza o Mazaricos xogará co Caldas. Eliminatoria a encontro único.
Encontros
Atl. San Pedro-Dumbria
Calo-Almeiras
Xallas-Eiris
Cee-Cacheiras
Fase Permanenza
Miudas – Sardoma C
Caldas-Mazaricos
No Grupo 2 O Cerqueda xa está descendido e loitarán pola permanenza o Corme e o Ponteceso. Eliminatoria a encontro único.
Encontros
Corme-O Pino
Peñasco-Ponteceso
-Foto : Fran Miúdas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”