CRÓNICAS 18ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O EMPATE ANTRE MUXÍA E SAN LORENZO É MOI BEN APROVEITADO POR CORME, CASTRIZ E CAMARIÑAS”.

 

Crónicas 18ª Xornada

Aquí vos traemos as crónicas coas apreciacións dos adestradores de cada equipo. En caso de que algunha non esté, poñerémola tan pronto no la mande. Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

 

Corme CF 1-2 Outes FC

Ángel Pérez, (Adestrador Corme CF) :”Partido que controlamos prácticamente durante os 90 minutos, díante dun rival que o intentou pero que apenas lle demos opcións. Primeira parte donde saimos moi enchufados e con moito ritmo. E pronto nos poñeríamos por díante no luminoso por medio do xuvenil, Borja. Pronto conseguiría o empate o rival despois dun penalti máis que dubidoso. Seguimos dominando e nun saque de corruncho, sería Alejo o que poñería cun gran disparo dende a frontal, o 2-1 no luminoso. Seguimos chegando con perigo a meta rival, coma nun disparo de Manu a cruceta, pero sería de novo Alejo quen de poñer o 3-1, co cal chegamos o tempo de lecer. Na segunda métade máis do mesmo, controlando en todo momento o partido, e cun rival que o intentaba pero sin éxito. Dispuxemos de varias ocasións para poner terra de por medio, coma duas de Alejo, pero o balón saería rozando o poste, e sería de novo o xuvenil Borja, quen marcaría para facer o 4-1, co cal chegaríamos o final do partido”.

Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) : “Íamos a un campo difícil, ante un equipo complicado, para min un dos favoritos, que ven de menos a máis, e íamos con baixas, como ultimamente, con cinco xuvenís na convocatoria, pero ca idea de sumar, se non podían ser os 3 puntos, traer algo positivo, e así o traballamos durante a semana, e así nos presentamos. De iniico xogamos en contra do vento, que soplaba bastante, e puxémonos en bloque baixo, esperando a ver se os collíamos en algunha contra e facerlles dano, para na segunda metade tentar ir a polo partido. Comezamos ben non sufríamos, pero nunha ocasión aillada eles conseguían marcar, pero a pesares deso o equipo sigueu traballando, sigueu combinando e nunha xogada de ataque conseguimos tras unhas mans en área, conseguimos empatar, e voltamos a estar ben pero nos derradeiros minutos da primeira metade tivemos dous erros, pero ambos penalízáronnos moito, porque viñeron nun momento que non deberíamos, acabando o primeiro tempo, e eles collen unha clara ventaxe que lles da unha certa ventaxe para o segundo tempo, no que nós axustamos cousas e dominamos. Eles coma nos no primeiro periodo buscaban sair a contra e defendendo o resultado. Nos non éramos quen de ter claridade nese último pase para xerarlles dúbidas e crear ocasións. Os minutos pasaban e dominábamos pero morría todo no borde do área. Buscamos e tentamos, pero non era o día, e non nos saía nese último tramo. Chegou o cuarto deles e aí acabou o partido, cambios e que pase o tempo e nada máis. Unha pena os erros do final da primeira metade, pero o Corme foi xusto vencedor”. 

Goles : 1-0, Borja, (11´); 1-1, Sergio, (24´de penalti); 2-1, Alejo, (36´); 3-1, Alejo, (45´); 4-1, Borja, (83´).

Incidencias : O árbitro Samuel Yuste, expulsa o adestrador do Outes FC, Miguel Ángel ramos con dobre cartón no 45. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos cormeláns, e adeamáis dos dous amarelos o adestrador, un máis os da Serra.

 

Muxía e San Lorenzo ofreceron un bo encontro de fútbol.

 

Muxía CF 1-1 SD San Lorenzo

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Comezou o partido cun San Lorenzo moi intenso, nos primeiros minutos domina, pero pronto tomamos o control do xogo, creamos varias ocasións, as mellores nas botas de Fran e Manu que non atinaron en área pequeña. Nun balón parado lonxano, Taibo fai un golazo pola escuadra, e ata o descanso, o dominio foi parexo. Tras o descanso, saímos moito mellor que eles, e levamos o peso do xogo todo o tempo. Maikel manda por riba un man a man, a punto estivemos de facer o empate en varias xogadas a balón parado. Dispuxemos dun penalti, pero só marcamos cun tiro dende a frontal de Maikel. Ata o final seguimos intentando culminar a remontada e na última Gusa marca pero sería anulado por falta en ataque”.

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Empezamos nós mellor e tuvemos unha ocasión nos primeiros minutos de Iván, pero o partido empezaría moi parexo… Ao pouco o Muxía dispón de duas ocasións moi claras, en dous fallos bastante graves que cometemos en defensa pero adelantariamonos nós no marcador con un golazo de Alex Taibo para poñernos por diante e así chegariamos ao descanso. Na segunda parte, o Muxía da un paso hacia diante e nós hacia atrás, e eso fai que nos dominaran de principio a fin chegando con moita xente arriba. Fallan un penalti parado por Puyol, que aguanta moi ben hasta o final. Despois nós dispoñemos de un par de contras, unha que finaliza Padín bastante clara, e outra de Diego que se marcha por pouco. E eles empataríannos nunha diagonal a espalda, que non defendemos ben, Mikel faise co balón na segunda xogada e marca un golazo dónde non pode facer nada Puyol, para poñer o empate no marcador”.

Goles : 0-1, Taibo, (22´ ); 1-1, Maikel Mouzo, (88´)

 

 

SD Oza 1-7 Ponteceso SD

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Partido dominado de principio a fin polo Ponteceso que onte foi moi superior o Oza , o cal fixo o peor partido da temporada”.

Pablo Mallón, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O comentario é sinxelo, xa que puxemos o primeiro gol aos 30 segundos de xogo. A un equipo que vai colista, métenche un gol así e ainda que non queiras desilusionaste ou baixala cabeza un pouco, ainda que eles intentaban pelear, notábase esa ascendencia, que cando vas abaixo non das sacado o equipo e métenche o gol así e todo se desmorona. A pesares diso, nós fixemos unha gran primeira metade. Adaptámonos  moi ben o campo, de reducidas dimensións con respecto o noso, e xogamos un encontro moi intenso, sen fisuras, movendo ben o balón, e finalizando con claridade . Metemos 4 goles na primeira metade. eles na segunda metade cambiaron o sistema, puxéronse con dous dianteiros e fixéronnos dano, e acurtaron co 1-4, pero despois quedaron con 10 o ver o segundo cartón un dos dianteiros, e lesionouselles Casais, e sen trocos tiveron que xogar con 9 e no treito final metemos os 3 goles restantes, ante un equipo desfeito, para nós xa sobrou ese tempo. Seguimos na boa racha, na boa liña, e agira vennos o Tourmalet, co Corme, un derbi, e co empate do Muxía, e San Lorenzo, peleando polo título…e a ver se podemos sacar algo positivo para a semana que ven”.

Goles : 0-1, Luis, (1´ ); 0-2, Eloy, (18´); 0-3, Abel, (31´); 0-4, Alberto Recarey, (34´); 1-4, Eduanys, (55´ ); 1-5, Eloy, (82´); 1-6, Isaac, (85´); 1-7, Hadrián, (desconto).

Incidencias : O árbitro Adrián de Vega, expulsa con dobre cartón o xogador do Oza, Alejandro López, (20´e 67´). Amosoullea aos ocenses ademáis destes dous cartóns amarelos outros 2, e aos pontecesáns, un. Saeu lesionado na segunda metade o xogador do Oza, Diego Casais, que entrara no descanso, ao cal lle desexamos unha pronta recuperación.

 

UD Corcubión 1-2 Volantes de Baño FC

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “O resultado é un pouco inxusto, creo que fixemos méritos para polo menos sacar un empate. O que ten e que os erros condénanos. O equipo levou o peso do partido, que foi moi disputado, moi duro. Pero colléronnos nunha por erro de marca. Tivemos varias ocasións, de Iago, duas clarísimas, e outras duas de César, pero non tiveron o seu día. Os erros castigáronnos e capitalizaron o encontro. Non nos fixeron moitas chegadas, pero dous despistes e foisenos o partido. Na segunda metade voltamos a ter boas ocasións, pero non estiveron acertados, e pasounos factura eses erros que nos costaron os goles. creo que o máis xusto tería sido un empate”.

Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Partido o que chegamos con numerosas baixas:
Santi : enfermedad; Yankee: lesión nas cervicais; Pablo: sancionado; Pedrares: indisposición; Millán: viaxe; Tiko: nocello…Co que só estaban 13 xogadores dispoñibles. Está semana incorporamos a Pape Mamadou procedente do Fisterra. Partido no que saimos moi enchufados, sabedores de que nos temos que agarrar a un clavo ardendo para intentar salvar a categoría. Cun 1-4-3-1-2, en bloque medio-alto dominamos o partido e tivemos 3 ocasións claras para marcar nos primeiros 25 minutos, pero coma sempre non acertamos, e o Corcubión, nos últimos instantes tivo duas ocasións que Alex salva, unha nun man a man, e outra nun tiro dende a frontal. Chegamos o descanso coa sensación de desperdiciar oportunidades pero sabedores tamén de que o resultado puido ser peor…o entrar nunha páxara nos últimos intres. Modificamos a 4-4-2, e cun Borja imperial nas disputas, e con Pesco os mandos empezamos a dominar e a chegar a facer peligro. David nun corner botado por Pesco marca o 0-1, desde aí o equipo da un paso máis e temos duas claras. Borja nun desmarque en ruptura, cun Corcubión volcado, arranca dende medio campo e define por encima do porteiro. Temos outras duas contras para sentenciar pero non matamos o partido, e nunha xogada pola esquerda con pase o centro recortan distancias…e toca sufrir. Eles co equipo totalmente volcado fallan unha moi clara o final. Un día que a sorte acompañou, e 3 puntos para ver si somos quen de engancharnos a salvación”.

 

Goles : 0-1, David, (58´); 0-2, Borja, (83´); 1-2, César Lojo, (88´).

Incidencias : O árbitro Rai Reborido, expulsa con dobre amarelo ao porteiro suplente do Corcubión, Xacobe, que acababa de sair de xogador de campo, (90´). Amosoulle aos corcubioneses, ademáis destes 2 amarelos, outros 3 e 4 os de Baño.

 

UD Monte Louro 1-4 SD Castriz

David González, (Adestrador do UD Monte Louro) :  “Partido no que para min enfrentámonos a un dos mellores equipos da liga. Creo que o competimos ben a pesar do resultado. Na primeira parte adiantanse eles cun golazo, e despois marcaríannos o segundo nun penalti que só veu o árbitro. Repuxémonos e conseguimos marcar o 1-2, antes do descanso, e aí tivemos uns minutos bos. Pero hai que recoñecer que o Castriz ten moita pegada, e nunha falta lateral recibimos o terceiro. Segunda parte recibimos o cuarto e intentámolo, pero cando un equipo e mellor hai que darlle a noraboa, e nós a seguir loitando”. 

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Eles sairon moi conservadores, con moito respecto, cos 11 no seu campoe  moi repregados, cortáronnos o ritmo e o andar tan preto do área deles, algunha ocasión tiña que chegar. Marcou un golazo Facal e nunha xogada moi boa colectiva fixéronlle penalti a Sebas, e marcouno él mesmo. Co 0-2 eles estiráronse e foron mellores nun tramo da primeira metade, e marcaron o 1-2, aí vímoslle as orellas o lobo e nivelouse o partido, sen moitas chegadas, e chegando o descanso, nunha falta botada por Facal, marcou Noly, peinando para dentro da portería, e foi un mazazo grande para eles. Na segunda metade sairon con moita iniciativa, con moita voluntade, pero aos 5 minutos do reinicio, Iván Pastoriza deixa dentro área para Adrián García, que bate o porteiro no man a man. A partires de aí acabouse o encontro. eles cabreábanse poor ir perdendo e houbo xogo duro, cousas do fútbol. Non nos gustou a arbitraxe a ningún dos dous equipos”.

 

Goles : 0-1, Facal, (19´ ); 0-2, Sebas Rial, (22´ de penalti); 1-2, Sanmartín, (32´); 1-3, Noly, (45´); 1-4, Adrián García, (51´).

Incidencias : O árbitro Francisco Manuel Brión, expulsou con vermello direto o delegado do Castriz, Diego García. Amosoulle 3 cartóns amarelos aos de Louro e 1 aos de San Pedro de Castriz.

 

 

SD Coristanco 2-0 Cabana SD

Iván Vázquez, (2º Adestrador do SD Coristanco) : “Partido de xogo moi direto no que o Coristanco facía dano as costas dos laterais e centrais, grazas a profundidade dos extremos, (Jonathan Fraga e Daniel Castiñeiras), e o dianteiro Marcos Corral. Estaba ben armado defensivamente o Coristanco cunha línea de 4 e 1 pivote, que non deixaba crear ocasións claras por parte do Cabana. Primeiro, gol de Hugo que dispara a portería despois dun rexeite. Segundo, gol de Pazos despois dun córner posto por Dani Vázquez. Terceiro, gol despois dunha combinación de Jonathan Fraga e Hugo, este último dalle un moi bo pase ao espacio a Corral que convirte. Notáronse moito as baixas do Cabana”.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “O Cabana presentábase con oito baixas en Baio, e un Coristanco con mais determinación levouse a merecida vitoria. O primeiro tempo o Coristanco saiu moi metido e aproveitando a fraxilidade defensiva do Cabana. Puxo dous goles no marcador que foron imposibles de remontar nun segundo tempo no que meĺlorou o Cabana pero sin concretar. Pola contra os locais con rápidos contragolpes conseguiron un terceiro gol que cerraba o partido. Polos nosos xogaron : Diego (Manuel Nanton), Aaron, Sergio Ferreiro, Naka (David), Cristian (Mario), Fernando (Miguel), Sergio Antelo, Diego Cacha, Moreno, Simon, Pablo (Ismael)“.

Goles : 1-0, Hugo, (20´); 2-0, Pazos, (36´); 3-0, Marcos, (79´).

 

 

UC Cee 1-2 Camariñas FC

Rafa Suárez, (adestrador do UC Cee) : Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí.

Juan Cabrejo, (adestrador do Camariñas FC) : “Partido no que conseguimos unha vitoria moi importante para nós, tras a derrota contra o Corme que nos puido facer moito dano. Partido moi disputado, pero creo que nós tivemos un pouquiño máis o control de balón co Cee. pero eles tiveron ocasións tamén moi, moi craras, pero gañou o que as marcou. Partido bonito para o espectador, no que o Cee fíxonos dano en roubos de balón e nas perdas de balón tonto e a balón parado o final de partido cando se viñeron arriba, con faltas laterais, corners, creáronnos moito perigo, pero non tiveron o seu día. Nós tivemos as nosas e puxémonos 0-2 na segunda metade, pero un pouco enfadado porque nunha falta a favor nosa no borde do área, onde temos decidido que se fagan unhas cousas, e en vez de facelas, perdemos o balón e fannos o 1-2. tivemos ocasións para matar o encontro, pero fallamos, e eles tiveron as suas e puideron empatar. Tres puntos importantes e seguir traballando que queda moito”.

Goles : 0-1, Yuyo, (50´); 0-2, Djibril, (64´); 1-2, Ezequiel, (69´).

 

 

CD Muros 5-2 UD Cerqueda

Juan Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Eran tres puntos moi importantes para nos que conseguimos acadalos. E de eses partidos que o millor e o resultado. Na primeira parte fomos tremendamente efectivos en ataque con Isma e Xavi que aproveitaron maxistralmente as tres veces que chegamos en tres goles pero pola contra foi dos peores partidos do C.D.Muros a nivel defensivo concendo todo tipo de facilidades que o Cerqueda non atinaria a concretalas. Na segunda parte mais do mesmo cun rival que nos presionaba en busca do gol e en duas contras matariamos o partido. Moi contento cos tres puntos e non tanto co xogo. Unha mención especial a Xandre que esta nun gran momento de forma”.

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido que se decidiu por erros nosos nas duas áreas. Estamos pagando moito as numerosas baixas que temos. Hoxe tiveron que xogar 2 xuvenís de inicio que o día anterior xogaron o partido da sua liga completo. Nos fomos o descanso cun 3-0, tendo tantas ou máis ocasións ca eles, e na 2ª parte chegamos a ir 5-0, fallando o infallable. Despois maquillamos o resultado con un gol de Juan e outro de Andrés. Boa labor arbitral”.

Goles : 1-0, Ismael, (8´); 2-0, Xavier, (25´); 3-0, Ismael, (38´); 4-0, Ismael, (65´); 5-0, Xavier, (69´); 5-1, Juan, (75´); 5-2, Andrés, (82´).

 

 

 

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas e novas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies