CRÓNICAS 18ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO VÓLVESE TERREAL E NON PASA DO EMPATE, O QUE FAI QUE BAIÑAS E BUÑO SE ACERQUEN, MENTRES QUE ZAS E CAMELLE PERDEN CHANCE”.

 

 

Crónicas 18ª Xornada

Aquí vos traemos as crónicas coas apreciacións dos adestradores de cada equipo. En caso de que algunha non esté, poñerémola tan pronto no la mande. Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

 

CF Porteño 1-1 Atlético Pereiriña FC

Jesús Alonso Cousillas, (2ª adestrador do CF Porteño) : “Xogamos cun ritmo moi baixo, moi apáticos, moi espesos, moi fríos, non entramos no partido, e eles fixeron moi bo partido, non hai que desmerecer o rival, fixeron un partido serio e aproveitaron a sua ocasión. Penso que resultado xusto. Nos tivemos máis dominio pero eles estiveron moi ben plantados no campo e aguantaron ben o tipo. Marcou Álan nunha falta ensaiada e en vez de ir a polo encontro seguimos espesos e nun balón longo o noso porteiro saeu e colleuna fora ca man e vermello. Tivo que meterse Jorge de porteiro o non téremos suplente, e xogamos os ultimos minutos cun menos e finalmente nun corner que colgaron o área empataron. Xusto o resultado como dixen. Un empate, un encontro menos e a seguir peleando”.

Emilio Corzón, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Partido moi táctico o disputado na Ponte ante un rival moi serio e competitivo no seu campo, como así o din os resultados. Necesitaba o Pereiriña dun partido no que se amosara serio durante os 90′ e así sucedeu na tarde do domingo. Poucas ocasións e un tanto aburrido para o aficionado, pero do que como adestrador marchas satisfeito co traballo feito. Puderon quedar os 3 puntos para o Porteño, pero ao final chegou o empate grazas ao traballo colectivo. En resumo, empate xusto”.

Goles : 1-0, Álan Suárez, (68´); 1-1, Augusto, (90´).

Incidencias : O colexiado Manuel Castro, expulsou no 87 o porteiro do Porteño, Sergio Joel, con vermello direto por tocar o balón ca man fora do área. Amosoulle un cartón amarelo a Andrade do equipo da Ponte do Porto e 4 a xogadores do Pereiriña.

 

 

SCD Buño 2-1 Xallas FC B

José Antonio Carabel, (Adestrador do SCD Buño) : “Partido e victoria moi importante ante un bo equipo. Xogamos un bo partido, e o mellor de todo recuperamos boas sensacións en canto a bo xogo con respecto a partidos anteriores. Na primeira metade xogamos bastante en campo rival e tivemos varias aproximacións sobre todo en duas faltas directas de Elías Suárez nas que Álex Barbeira mantivo o 0-0. Eles tiveron unha boa ocasión con un tiro escorado que terminou batendo no pao. Sobre o minuto 20 tras unha xogada Luis Miguel controla un balón desde a frontal da área e no golpeo desde fora da área supera por arriba a Álex para marcar o 1-0. O Xallas intentaba xogar moi directo e meternos atrás pero sin ter grandes ocasions. Volvemos do descanso e o delantero do Xallas nunha xogada personal regatea dentro da área a Martín que comete penalti claro. Anota Jota engañando a Darío empatando o partido. Nos seguimos empuxando e tendo varias ocasións hasta que nun córner Bastón marcou o 2-1, para volver a poñernos por diante. Eles fixeron varios cambios e tiveron a ocasión máis clara cerca do final, na que o seu dianteiro nun man a man con Darío tivo o empate, pero Darío fixo unha gran parada sacando o pé abaixo. A pesar de eso, creo que victoria merecida e con moi boas sensacións en canto a xogo”.

Jorge Quintáns “Churián”, (Adestrador do Xallas FC B) :  : “Parido moi igualado no que o Buño xogou bastante ben, tiveron unhsa ocasión de gol e metérona para adentro e nos nun penalti moi claro empatamos e despois, xa na segunda metade,  nunha xogada ensaiada fixeron o segundo. Nóstivemos varias boas ocasións pero non marcamos. Bo encontro do Buño, e destacar o bo encontro do noso xogador Couto “.

Goles : 1-0, Luis Miguel, (21´), 1-1, Jota, (42´ de penalti); 3-0, Sergio Bastón, (55´).

 

 

Sporting Seaia CF 4-2 Sporting Zas

Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Un dos mellores encontros que fixemos ata o momento, no que fomos moi superiores o Zas, sobre todo na primeira metade na que dominamos de principio a fin. Non nos crearon nin unha ocasións de gol, e nós ademáis dos 4 goles que marcamos, creamos moitísimas máis e fomos ao descanso co 3-0. Por este resultado na segunda metade quizais nos relaxamos un pouquiño e aí viñeron as ocasións do Zas. Un dos goles ven a traveés dun penalti e o outro nun despiste defensivo. A partires de aí volvemos a poñernos as pilas, a estar seguros en defensa e puidemos aumentar en algunha ocasión máis o marcador”.

Martín Vecino, (Sporting Zas) : “Partido contra un moi bo Seaia, que sabíamos que está nun bo momento. Chegamos tamén cas baixas importantes de Manu, Brais e Dario, pero ainda así non hai excusas, foron moi superiores sobre todo na primeira parte cun 3-0 o descanso. A segunda foi máis igualada a pesar de xogar cun menos ca expulsion de Marcos”.

Goles : Álvaro, (2), Andrés, (2(, Chrístian, (2), Dani Mato, (2), Pablo, e Iván Caamaño, ademáis de goles en propia porta de sergio e Samuel.

Incidencias : O colexiado Roi Rey, expulsou con vermello direto o xogador do Zas, Darío (29´).

 

CD Nantón 1-2 CF Lira

Francisco Javier Cerbán, (Adestrador do CD Nantón) : “Primeira parte dominada completamente pola nosa parte e na que tivemos numerosas ocasións de gol, pero eles na única ocasión que tiveron, nesta parte, aproveitan moi ben para irse por diante no marcador o descanso. Xa na segunda parte os poucos minutos tivemos un erro en defensa que se convirte en penalti o seu favor, e que transforman no 0-2. A partir de aquí o partido convirtese nun “correcalles” no que o gol puido caer a favor de calquera. A falta duns 13 minutos para o final do encontró temos un penalti a favor para darlle emoción o encontro pero que non conseguimos transformar, e xa van 4 nesta tempada. Os rapaces siguen intentandoo e xa casi no tempo de desconto conseguimos marcar, a partir de aí volcámonos a polo empate pero o marcador non se moveu”.

Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) : “Unha primeira parte donde non estivemos ben en ningún momento. O Nantón foi mellor, ainda que nun pase as costas de Saúl a Rubén, marcariamos o primeiro. Na segunda estivemos moi ben, defendemos realmente ben, e fixemos moito daño en ataque para poder matar o partido poñéndonos 0-3. Eles apretarían algo nos últimos minutos, primeiro fallando un penalti, e despois marcando nunha lea na área. Seguimos crecendo, seguimos progresando e dando pequenos pasos pero continuos, que nos fan ir a máis con respecto ó inicio de liga“.

Goles : 0-1, Rubén, (26´), 0-2, Saúl, (50´ de penalti); 1-2, Alberto, (desconto).

 

-Xogados o sábado-

 

SD Laxe 2-0 SD Camelle

Eliseo Rama “Lilo”, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido que soubemos plantexar ben enfocando as características climatolóxicas con moito vento, que soubemos xogar defendendo ben os balóns aereos na primeira co vento a favor, ainda que eles tiveron dous tiros o longueiro, e soubemos xogar ben na segunda co vento en contra que foi cando viñeron os goles, defendemos moi ben os balóns aereos, que era o que buscaba io Camelle, e replegados atrás e o con Bieito e Iago de protagonistas por banda e sacámoslle ventaxe a eles nas xogadas, adiantaron liñas indo a polo partido, pero ainda puidemos facer algún gol máis, pois Miguel Torres tivo duas man a man co porteiro, polo que o resultado foi moi xusto, merecemos gañar. Moi bo plantexamento Dominados na primeira metade e na segunda merecedores do resultado pois eles na segunda confiaban solventar o partido a favor do vento, pero encontráronse con dous goles en contra, e nos tivemos múltiples ocasións como para gañar 4-0. Foi bo ler o partido, que o leemos moi ben, e eles buscaban gañar o partido si ou si”. 

Sergio Salgueiros “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Dia no que non fomos capaces de entrar no partido. A primeira parte foi igualada en xogo, no que nós teríamos unha ocasión clara de Adrián que pararía o porteiro, e eles outra de Gora que colle un rexeite na frontal que marcharía moi pegadiño do longueiro. O comezo da segunda parte perderíamos un balón, e eles con tres pases o primeiro toque, poñerían un balón en longo, e o dianteiro cruzaríalla o noso porteiro marcando o primeiro gol. Nos seguintes 10-15 minutos teríamos moitas, moitas ocasións, cun balón o longueiro, outro que sacan debaixo dos paos, pero o balón non entraria. Os derradeiros 20 minutos foron un ida e volta dos 2 equipos, e xa rematando o final co Camelle volcado buscando o empate eles marcarían a sentenza”.

Goles : 0-1, Iago Torres, (43´); 2-0, Miguel Ángel, (desconto).

 

CF Castrelo 3-1 SCD Malpica

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF castrelo) :  : “Marcamos no minuto 15, e parecía que se nos poñía de cara o partido, pero non conseguimos tranquilizar o xogo e coller o control da pelota e empataron no minuto 37. O borde do descanso quedamos os dous equipos con 10 por expulsión. Na segunda sin xogar moi ben conseguimos poñernos por diante de penalti. e despois de fallar varias sentenciamos no 90. O malpica por lesión acabou o partido con 9, o quedar sin cambios”.

Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) : “Empezamos moi ben o partido con unha chegada xa no minuto 3 que tira Kevin e para o porteiro. Seguimos achuchando e Baye só dentro do área tira fora. Seguimos con algúns tiros lonxanos pero pouco perigosos. Nunha saida de balón roubannos e tiran raso, e entra por debaixo das mans de Lamas na primeira que teñen. Conbinamos ben e metemos cun tiro fortisimo de Alberto Hombre. Quéntase o partido, as patadas van sendo máis duras, ante a pasividade do árbitro. Quéntase o encontro como digo, e follón que acaba con 2 expulsados, un para cada lado, e así chegamos o descanso. Na segunda parte pítannos un penalti que só ve o árbitro, porque nin eles protestan. Meten gol, e na seguinte rompe fibras Paco, e con 9 pasáronos por enriba, puideron ser máis. Parou Lamas 3 claras, e nós só tivemos un par de faltas lonxanas que non chegaron a bo porto”.

Goles : 1-0, Rubén, (15´), 1-1, Alberto Hombre, (37´); 2-1, Adrián, (55´ de penalti); 3-1, Rubén, (90´).

Incidencias : O colexiado David Cancela, expulsou con cartón vermello direto a Alberto Mouzo polo Castrelo e a Alberto Hombre polo Malpica, (45´), tras unha tangana.

 

Once do Ameixenda.

 

SD Ameixenda 2-7 CD Baiñas

Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “Moi bo primeiro tempo do Ameixenda, axustando ben as marcas, sendo soludarios nas axudas e saindo con rapidez a contra. O Baiñas, ainda que tiña mais tempo o balon, non estaba cómodo no campo e fallaban moitos pases fáciles. Así, nunha recuperación no medio do campo, o Ameixenda forzou un corner e Chapu rematou de cabeza o 1-0 no minuto 12. O Baiñas solo buscaba poñer balóns a área pero apenas facían perigo. Sólo un despiste no m.39 permitialle a Antelo controlar e rematar para conseguir o 1-1”.

“No segundo tempo apareceu o factor ou factores que están lastrando ao Ameixenda. Xogadores que xogan con molestias e non poden acabar o partido (hoxe foron Chapu e Evaristo) e escasez de xogadores suplentes para osixenar ao equipo. Por contra o Baiñas, mellor físicamente, foi quen de poñer un ritmo mais alto na segunda parte e impoñerse claramente. Destacar os catro goles de Raúl Antelo e no Ameixenda o partidazo de Chapu hasta que tivo que retirarse lesionado no m.50. Exemplo de coraxe e pundonor. “.

Ángel Insua “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Comezamos o partido algo imprecisos, como moi verticais e sin elaborar e aguantar a posesión, o que nos fixo estar unha primeira parte como fora de partido. Ademáis o Ameixenda púxose por diante cun corner ben executado, no que remataron a pracer no segundo pau. Pouco a pouco fomos creando perigo e conseguimos o empate por medio de Ruli, que estivo moi atento para poñer a igualada antes do descanso. Na segunda parte axustamos un par de cousiñas e saimos totalmente a polo partido. Dominamos e foron caendo os goles. Marcaron Raúl, Chipi, e Esteban….pero partidazo de Ruli que na segunda parte anotaría tres goles mais“.

SD Ameixenda : Rivers, Evaristo (Pikita 76′), Chapu (Fabián 50′), Sambade, Sergio, Dani, Pablo, Juan Lagoa, Chucho, Juan Antonio e Torices.

CD Baiñas : Joel, Carlos, Borja, Maikol, Raúl, Aníbal, Esteban, Oreiro, Ruli, Cristian Canosa e Chipi. Tamen xogharon : Héctor, Samuel, Christian Rodrígez, Samuel Quintans e Chavico.

Goles : 1-0, Fernando, (12´), 1-1, Ruli, (46´); 1-2, Raúl González, (59´); 1-3, Brais, (62´); 1-4, Esteban, (66´); 1-5, Ruli, (73´); 1-6, Ruli, (79´); 2-6, Juan Antonio, (84´); 2-7, Ruli, (desconto).

 

CLASIFICACIÓN

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto Camelle : Gonzalo Lemus

-Texto : piratasdemuxia