LUCAS CAAMAÑO LESIONADO DE GRAVIDADE, O PORTEÑO PERDE O MÁXIMO GOLEADOR DO FÚTBOL DA COSTA.

Lucas leva 26 goles esta tempada.

 

Mala nova para o CF Porteño e para o fútbol da costa. O dianteiro dos da ponte do Porto, Lucas Caamaño, pichichi de todo o fútbol costeiro e posiblemente de Galicia no fútbol senior, con 26 goles en 18 encontros, sendo tan só un de penalti, saía o pasado Domingo no terreo de xogo cunha posible escordadura de nocello, no minuto 32 do choque que os da ponte do Porto, líderes destacados da 3ª da Costa, xogaban co Atlético Pereiriña FC, (1-1).

O que parecía unha escordadura, tras unhas placas feitas este luns, parecen ofrecer a fatal nova de rotura do peroné, a espra de unhas probas máis eficientes cunha resonancia que lle farán neste martes para saber o alcance total da doenza do extraordinario dianteiro, seguido de preto por moitos equipos de ligas superiores.

A espera da confirmación oficial, e que a primeira avaliación sexa erronea, o noso desexo de que así sexa e sexa algo máis leve, pois esta lesión ten varios niveis, e a sua recuperación pode oscilar antre os 3 e os 6 meses segun a gravidade. De confirmarse a lesión do peroné de Lucas do Panadeiro, para os da Ponte do Porto sería un gran pau. O equipo porteño está a facer unha campaña espectacular e perderían a sua gran estrela.

-Foto : Javi Baña

-Texto : piratasdemuxia