UNHA VITORIA E UNHA DERROTA NAS CATEGORÍAS DE BASE MASCULINAS DO FISOBER FSF, NAS QUE VAN CAS SELECCIÓNS TERRITORIAIS, RAÚL LEMA E PABLO COSTA.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Raúl Lema ca selección alevín.

A semana ven marcada pola convocatoria definitiva ca selección galega de Raúl Lema e Pablo Costa.

Raúl Lema, xogador do noso club, entra na lista definitiva da Selección Galega Alevín que participara no Campionato de España de seleccións territoriais que se disputara en El Ejido (Almeria) do 4 ò 8 de abril.

Pablo Costa Carabel entra na lista definitiva da Selección Galega Infantil, participará no Campionato de España que se celebrara en Salou do 11 ó 15 de abril.

Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte na fase polo título e dentro da 12ª xornada o Fisober recibía na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría ao Transricard Distrito Ventorrillo FS con triunfo herculino por cero a un.

Polo Fisober formaron: Miguel, Pablo Costa, Iago Insua, Adrián, Pablo Taboada, tamén xogaron: David, Arturo, Juan Emilio, Mario.

Os colexiados foron: Jairo Mosteiro e David Miras.

A vindeira xornada o Fisober visita ao Academia 5 Coruña.

Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte e dentro da xornada 23 o Fisober visitaba ao Esteo na mañán do domingo no PM das Somozas co resultado de catro a tres a prol dos locais.

Polo Fisober formaron: Brais, Iago Larrañaga, Adan, Javi, Álex; tamén xogaron: Pablo Costa, Adrián, Leo, Iago Insua.

Os goles costeiros foron obra de Álex en dúas ocasións e Iago Larrañaga.

Os colexiados foron Juan Ramon Juan Mora e Daniel Prados.

A vindeira xornada o Fisober recibe ao Pescados Rubén Burela.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies