RESULTADOS E CRÓNICAS DA 2ª XORNADA DE TENIS DE MESA NACIONAL E GALEGO CON EQUIPOS DA COSTA.

Aquí tes da man do noso colaborador habitual, xogador e experto coñecedor do Tenis de Mesa costeiro, Stevo de Zas, os resultados e as crónicas do que deu de sí a completa xornada de tenis de mesa con equipos da costa en liza.
3ª División Nacional Grupo Centro
AD Zas Ponciano Nieto 4-1 AD Dubratambre
VTM Pintura Figueiras 0-4 Arteal SD Compostela B
1ª División Galega Grupo 
AD Zas O Pinar 1-4 Xogando Outes A
VTM Aluminios Xeal 3-4 Arteal Veteranos SD Compostela
2ª División Galega Grupo Centro
AD Zas Cafetería Talladas 0-7 Xogando Outes B
CRÓNICAS
Importantísima a victoria do AD Zas Ponciano Nieto en terceira nacional, e única de todolos equipos da comarca, en partidos moi intensos, igualados e pelexados por todos os contendentes e en dous deles decantaronse a favor dos locais por pequenos detalles e que foron ao final os que deron a victoria no encontro. Moi ben todos os xogadores do AD Zas Ponciano Nieto no que debutaron Alex Blanco no individual e Cristian Herrera facendo dobre con MIguel Rey. Sobresaiu desta vez Miguel Rey xa que gañou os tres partidos o primeiro individual contra Plácido Arnejo, o dobre facendo parella con Cristian e logo a Ana Pérez por un axustado 3-2 e, nun partido con moitas alternativas, dando a victoria definitiva aos locais. No outro encontro de 3ª nacional os do VTM Pinturas Figueiras foron amplamente superados polos composteláns no marcador xeral pero os parciasi foron axustados en dous partidos, os xovenes vimianceses non serán fáciles de vencer.
En primeira galega dúas derrotas dos equipos costeiros sendo a dos vimianceses axustada e a dos zasenses mais clara. ningún dos dous tivo opcións de victoria a pesares de que os de Zas poideron facer mais se mostrasen tranquilidade no xogo, pero eso é moi dificil neste deporte onde a pelotiña vai moi rápida. A ámbolos dos equipos vai costarlles coller o ritmo desta competición para acadar as victorias, esperemos que non tarden moito.
Os que mostraron mi boas sensasións foron os de segunda galega a pesares de que non gañaron ningún partido individual pero si xa gañaron un par de xogos. Este era o seu debut nunha competición ligueira oficial, son ainda moi novos pois tanto Manuel coma Valentín teñen so 10 anos e Joel leva un mes practicando este deporte e enfrente tiveron a un veterano José Barrio (que xoga en cadeira de rodas e xogou en 1ª galega) e a dous mozos que case os dobran en idade. Todos mostraron moi bo ambiente deportivo.
Agora queda entrenar moi forte e temos un parón de dúas semanas pois ata o 13 de novembro non se reanuda a competición ligueira.
Resultados parciais
3ª División Nacional Grupo Centro
AD Zas Ponciano Nieto  4-1 AD Dubratambre
Miguel Rey – Plácido Arnejo                        3-0
Alex Blanco – Ana Pérez                              0-3
Raúl López – Eladio Andrade                       3-2
Dobre (Miguel/Cristian) – (Ana/Eladio)         3-0
Miguel Rey – Ana Pérez                               3-2
VTM Pintura Figueiras 0-4 Arteal SD Compostela B
Brais Touriñan – Fabian Arnejo               2-3
Julio Figueiras –  Lino García                 1-3
Nico Paz  – Alfredo Varela                       0-3
Dobre (Julio – Brais) -(Fabian/Alfredo)    2-3
1ª División Galega Grupo 
AD Zas O Pinar 1-4 Xogando Outes A
Manuel J. Castro – Pedro Sanles      0-3
Mateo Gil – Rubén Brión                    3-0
josé A. Pazos – Rubén Otero              0-3
Dobre (Pazos/Castro) – (Otero/Pedro) 0-3
Mateo Gil – Pedro Sanles                    2-3
VTM Aluminios Xeal 3-4 Arteal Veteranos SD Compostela  
Laura García – Pedro Lois                 0-3
Antonio Feal – Raúl García                0-3
Fancisco Paz –  Gonzalo García        3-2
Dobre (Laura/Paz) – (Pedro/Raúl)      3-2
Laura Garcia – Raúl García                3-1
Fco Paz –  Pedro Lois                        0-3
Antonio Feal –  Gonzalo García          0-3
2ª División Galega Grupo Centro
AD Zas Cafetería Talladas 0-7 Xogando Outes B              
Joel Vilariño – Iván López                    0-3
Manuel Negreira – José Barrio            0-3
Valentín Negreira – Adrián Tajes          0-3
Dobre (Joel/Manuel) -Iván/Adrián)       0-3

Joel Vilariño – José Barrio                    0-3

Valentín Negreira – Iván López            1-3
Manuel Negreira – Adrián Tajes            1-3
-Fotos e Texto : Stevo Zas

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies