O CONCELLO DE MUXÍA CREA UNHA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO COVID-19 PARA ESTABRECER MEDIDAS DE PREVENCIÓN ACTUALIZADAS.

Xuntanza da Comisión de Seguimento do COVID-19 en Muxía.

 

O Concello de Muxía crea unha comisión de seguimento do COVID-19 para establecer as medidas de prevención actualizadas

Aínda que xa se comezaron varios procedementos o pasado viernes, esta mañá tivo lugar a reunión no Consistorio muxián.

Trátase do primeiro Concello da Costa da Morte en crear este organismo.

O Concello de Muxía creou unha comisión de seguimento do COVID-19 para establecer as medidas de prevención actualizadas ao contexto, en constante cambio, que xera a situación de expansión do virus.

Aínda que desde o pasado venres se están a tomar medidas para aunar forzas e xestionar da mellor forma posible os recursos municipais para frear a pandemia, esta mañá tivo lugar a reunión no Consistorio muxián, á que acudiron a concelleira de Cultura, Mónica Vilela; o xefe de Protección Civil, Ramón Barrientos; a concelleira de Igualdade e Xuventude, Olalla Benlloch; Alejandro Muíño en representación da Policía Local; o concelleiro de Medio Rural e Parroquias, Javier Romar; Rosana García, a secretaria municipal e o propio alcalde, Iago Toba.

Protección Civil, os concelleiros de Muxía e o alcalde crearán un grupo de voluntariado para atender a todas aquelas persoas que pertenzan ao grupo de risco ou de extrema vulnerabilidade, non poidan acudir aos centros de abastecemento ou ás farmacias. Ofrecerase este servizo a domicilio, previa solicitude telefónica.

Producirase a reorganización dos distintos departamentos municipais, adaptándoos as directrices emitidas tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno de España. Ademais, o alcalde de Muxía reunirase coa Policía Local, xefe de Protección Civil e Sarxento da Garda Civil para coordinar as vías de comunicación para tratar o estado de alarma e as repercusións que ten isto para Muxía.

O rexedor muxián estará en contacto constante co director médico dos centos de saúde da comarca de Fisterra, onde está incluído o Centro Médico de Muxía, para estar informado dos procedementos que alí se realicen. Pola súa banda, o alcalde lembra que só se atenderán nas dependencias municipais os casos de necesaria urxencia e previa chamada telefónica ao 981 74 20 01. Permanecede nos vosos fogares; tan só así poderemos frear a expansión do coronavirus. Moito ánimo á veciñanza, xuntos pecharémoslle as portas ao coronavirus, sinalaba Toba.

Destacar, ademáis, que está pendente unha reunión do grupo de goberno cos grupos da oposición para informar das xestións que se farán a nivel municipais nas vindeiras semanas, así como trasladar e escoitar as iniciativas pertinentes.

 

www.piratasdemuxia.es está aberto a pubricación de todo o que teña que ver con este duro trance que estamos a vivir coa expansión do COVID-19 que temos que tumbar antre todos. Como xa o fixemos con outros concellos, fose de informacións que concernían ao deporte ou non, podedes mandarnos os vosos procedementos a info@piratasdemuxia.es

-Foto e Texto : Departamento de prensa do Concello de Muxía

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies