FOTOS DO RECORDO : ED OS MIÚDOS BENXAMÍN 2010 : “CUNA DE XOGADORES”.

ED Os Miúdos Benxamín 2010

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Antón, (xuvenil de segundo ano, que foi operado dun xeonllo e desde a metade da tempada pasada e está en recuperación), Miguel Veran, (U.D.Monte Louro), Manu Beiro, (pasouse fai uns anos o remo), Vinto Tajes, (fillo do presidente-fundador da Escola Deportiva, deixou o fútbol), Flavio, (comenzou esta tempada no Volantes de Baño CF da 1ª Galicia G2, e na metade do curso recalou no CD Muros, da Liga da Costa), Tavo, (deixou o fútbol polos estudos), Ángel Sanandrés ou “Ángel do Miramar”, (Adestrador, vinculado Os Miúdos dende fai máis de 10 anos, actualmente adestra un equipo de benxamins e tamén fai as veces de 2º adestrador do CD Muros da Liga da Costa). Abaixo de esquerda a dereita: Javi (estudia fora), Jesús da Meca, (xuvenil segundo ano, Yayo, (deixou o fútbol), Ángel Sanandrés, (xuvenil de 2º ano do ED Os Miúdos).

Varios destes rapaces xogaron tres fases de ascenso en cadetes, duas e unha en xuvenís e gañaron a liga e en cadetes un ano e subcampións outro. 

A Escola Deportiva Os Miúdos de Muros con Vinto Tajes como presidente-fundador e a inextimable dos pais dos rapaces son unha das grandes escolas de fútbol da costa, que tamén actúa no fútbol sala e no atletismo, así coma no fútbol feminino, ademáis de orgañizar e colaborar en eventos benéficos e axudas aos máis necesitados, tanto a nivel comarcal, coma galego e incluso internacional facendo chegar material deportivo a outros paises e continentes.

A escola muradana é cuna de grandes xogadores que se surten do crecemento na mesma e que actualmente xogan por todo o ámbito galego. Nesta foto de fai 10 anos nun encontro ante o Muxía CF no Campo d´Arliña, temos unha proba delo, con xogadores que xa están competindo en diferentes equipos, e varios que están no seu derradeiro ano nos xuvenís e que surtirán de deportistas a equipos senior. Para esta escola e tódolos que a forman e a formaron vai esta edición das “Fotos do Recordo”.

 

De esquerda a dereita : Tavo, Flavio, Miguel Verá, e Jesús da Meca.

 

Miguel Verán presionado por Roi, (MuxíaCF).

 

De esquerda a dereita : Jesús da Meca, Javi e Yayo. No chan, Rodri, (Muxía CF).

 

Tavo despexando o balón.

 

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Ángel Sanandrés

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies