VAISE O NIXERIANO UCHE AGBO, E CHEGA A NIXERIANA, CHARITY ADULE.

 

Durante esta tarde xa vos comentábamos a marcha en cesión de Yago Gandoy ao Coruxo CF, para seguirse foguenado e a sin confirmar rescisión de Uche Agbo. Dato que foi xa confirmado polo RC Deportivo, ademáis da chegada da xogadora nixeriana, ex do SD Eibar, (co que renovara ata 2022), Charity Ogbenyealu, así como ás 19:06 horas da incorporación de Mario Soriano para o primeiro equipo deportivista.

Charity Ogbenyealu Adule (Abia, Nixeria, 7 de novembro de 1993) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

A extrema nixeriana procede da SD Eibar, conxunto no que militou as dúas últimas campañas. Na primeira delas, logrou o ascenso a Primera Iberdrola, xogando 19 partidos e marcando 8 goles. O curso pasado, na máxima categoría, disputou o mesmo número de encontros aínda que nesta ocasión non viu porta.

Con anterioridade, Adule militou no Rivers Angels FC (2006-2011), co que debutou en categoría senior con só 14 anos, e o Bayelsa Queens FC (2011-2014), ambos do seu país natal. Posteriormente fichou polo BIIK Kazygurt, conxunto de Kazajistán no que xogou cinco temporadas (2014-2019), nas que fixo pleno de títulos con 5 dobretes Liga-Copa.

Internacional absoluta con Nixeria, Adule participou en dous campionatos do mundo sub-20 coa selección do seu país. Na edición de 2010, en Alemaña, alcanzou a final, na que Nixeria perdeu fronte ás anfitrioas (2-0). Adule xogou 5 dos 6 partidos, aínda que só un deles como titular. No torneo de 2012, celebrado en Xapón, Nixeria obtivo a cuarta posición final despois de perder a semifinal fronte a Estados Unidos. No país nipón, Adule disputou 5 encontros, sendo titular en 2 deles.

Con esta fichaxe péchase a plantilla do Deportivo Femnino e así quedan os dorsais :

 

-Foto : www.naiz.com

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo.