Hoxe é un día deses nos que Lendoiro acostumaba a ter ca ialma en vilo o deportivismo. A sua amizade con Méndez facía que de repente puidesen chegar no derradeiro minuto de mercado 2, 3 ou ata 4 xogadores.
Os mundos trocaron e agora as cousas templaron cas débedas tralos despilfarros de presidentes e empresas donas de clubes. Pensar, por exemplo, que no primeiro ano de Caparrís, chegou a toparse na pretempada con máis de 40 xogadores en nómina.
Agora cos recortes as plantillas son máis curtas e miradas con lupa, en especial polos topes salariais, que debería ser estrapolado aos de ingresos, para igualar un fútbol podrido, manexado por un delincuente que fai o que se lle antoxa, e para min como socio e accionista do RC Deportivo, síntome roubado con nocturnidade e alevosía, como lle pasou recentemente o meu clube.
Catro nomes propios nesta tarde de final de mercado : Uche Agbo, Yago Gandoy, Galán e Guille Bueno
Uche Agbo
Rescideu contrato o RC Deportivo con Uche Agbo, tal como apuntaban esta mañán varios medios. O nixeriano, xunto con Celso Borges e 3 traballadores do clube entraron en ERE, o non haber acordo nas conversacións anteriores a este movemento.
Yago Gandoy
Confirmou o clube a saida de Yago Gandoy cedido ao Coruxo CF da 2ª RFEF. Borja Jiménez en rolda de prensa xa díxo fai uns días o ser preguntado sobre o xove xogador santiagués, que xa falaran con él e que xa sabía o que se pensaba, e que se quedaba sería un máis, que era él mesmo o que tiña que decidir. Polo tanto con esta cesión, terá a oportunidade de ter máis minutos para seguir crecendo como futbolista. Un feito que non é un paso atrás, como se comprobou con Bergantiños, que tamén tivo que sair para logo avanzar.
Borja Galán
O ex canteirán deportivista Borja Galán que rescindeu contrato co clube branquiazul a principios da pretempada, ven de asinar co UD Logroñés, que será rival do noso euipo nesta 1ª RFEF.
Guille Bueno
O rapáz que se convirteu en campión de España co Xuvenil A do RC Deportivo está a recivir nas redes as críticas e a ira de moitos deportivistas, trala sua “fuga” o Borussia Dortmund, que na tarde de hoxe anunciaba a sua fichaxe para o seu equipo Sub-23. O xove xogador vigués deixou o clube que lle deu a oporunudade de brilar, para escaparse a terras alemanas nas que os bávaros terán que indemnizar o clube deportivista, de seguro cunha cantidade irrisoria, o que fai que haxa este tipo transfuguismo, como xa lle ten pasado en máis dunha ocasión o RC Deportivo, e a outros moitos equipos, e ata antre equipos do mesmo pais, e mesmamente da mesma comunidade. Mercadeo de “carne” encuberto e con total falla de ética e moral.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia