MARIO SORIANO, PROCEDENTE DO ATLÉTICO DE MADRID, NOVO XOGADOR DO RC DEPORTIVO.

 

Mario Soriano Carreño, dianteiro de Alcalá de Henares de 19 anos, procedente do Atlético de Madrid B e chega o RC Deportivo, que como ven a facelo nesta tempada, anúnciao ás 19:06, facendo un chisco o ano de fundación do noso clube.

O xogador desenvólvese pola media punta e renovou polo equipo “colchonero” o pasado ano ata 2024, un clube no que leva 14 anos. Xa sabe o que é xogar no primeiro equipo, co que participou na eliminatoria de Copa do Rei contra o Cornellá, ademais de sumar 6 partidos na UEFA Youth League. Ademáis disputou 13 encontros ca Selección española Sub-17 e 3 ca Sub-18.

Mario Soriano estará xa mañá na Coruña para poñerse as órdes de Borja Jiménez e iniciar a súa nova etapa como futbolista branquiazul.

 

Confirmada a cesión de Yago Gandoy o Coruxo CF

O RC Deportivo confirmou a cesión de Yago Gandoy ao Coruxo CF, quedando así unha ficha libre de Sub-23, e terá así o santiagués a oportunidade de ter minutos e seguir crecendo como xogador, para (desexamos), voltar con máis forza, como xa o vivimos con Álex Bergantiños.

O clube do Vao agradecíalle deste xeito a cesión o RC Deportivo : “Dámoslle as grazas ao R.C. Deportivo por esta cesión e confiados no crecemento do xogador…”.

 

-Foto : Twitter

-Texto :  piratasdemuxia