Luis César pasou por rolda de prensa previa o encontro do vindeiro sábado en Almendralejo ante o Extremadura, (16:00 horas-15:00 GMT). O técnico arousán do Depor rafirmouse na sua idea de que o pasado encontro “foi o mellor dende que estou aquí, pero matáronnos unha serie de detalles”, cree que o equipo : “creou ata 6 xogadas coma a do gol de Mollejo, pero ou ben non atopamos rematador ou fallouse na definición”.
Espera que o equipo “recolla o froito do traballo que estamos a facer, o mellor está por vir e temos que construilo nós”, e está convencido de que “os resultados han de chegar”.
Non lle importantan as baixas, “non hai problema de lesións, hai retos”, e di que “teño a Somma e a Eneko”, para cubrir as baixas de Montero e Lampropoulos, ambos cas suas seleccións, (o madrileño ademáis non podería xogar por acumulación de cartóns”. Tampouco estará Gaku Shibasaki con Xapón, (OS SELECCIONADOS).
Na lista e trala lesión de Jovánovic da que xa vos demos información esta mañán, leva aos 17 xogadores dispoñibles e aos fabrilistas David Sánchez e Mujaid, sobre este último e de se o ve de lateral ou de central, que é do que xogou sempre dixo que : “Pode xogar nas dúas posicións. Se me preguntas a día de hoxe, eu véxoo máis de lateral que de central. Igual dentro de seis meses, ou un ano, quen sabe”.
Segundo Luis César, na situación na que están : “Non podemos gastar enerxía en mirar a situación na que estamos. Temos que ser mellores. Non lle quito importancia a ser último, pero confío nos rapaces, creo que imos mellorar, a construír algo bo”.
No vídeo de 16,30 minutos tes ao completo todo oq ue dixo.
Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.
OUTRAS NOVAS
DESPERFECTOS CO TEMPORAL EN ABEGONDO
Debido o forte vento caeu un muro de aproximadamente 1 metro de alto e uns 30 metros de longo, detrás da prtería no campo no que adestra o primeiro equipo.
FRANCIS OPERADO DO XEONLLO NA CORUÑA
O porteiro deportivista Francis Uzoho foi operado hoxe xoves 14 de novembro no Hospital HM Modelo da Coruña de maneira satisfactoria.
O traumatólogo do Club, Rafael Arriaza, procedeu á reparación do seu xeonllo esquerdo lesionado o pasado mes de outubro no partido amigable que a súa selección, Nixeria, disputou ante Brasil. O meta internacional branquiazul quedará ingresado durante as próximas horas no centro médico coruñés.
Francis, que está cedido esta temporada ao Omonoia FC de Chipre, chegou á Coruña a mediados da pasada semana para realizar o preoperatorio, ser intervido cirurxicamente e iniciar a partir de agora o seu proceso de recuperación.
-Texto : piratasdemuxia/vídeo
-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo :
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR