SASA JOVANOVIC CUNHA LESIÓN MUSCULAR BAIXA PARA ALMENDRALEJO, (e outras novas).

Jovanovic marcou o gol do empate ante o Santander.

 

O RC Deportivo ven de informarnos da baixa para Almendralejo, para o encontro entre o Extremadura e o Depor do vindeiro sábado a partires das 16:00 horas, (15:00 GMT), no “Martínez Valero”, por mor dunha lesión muscular de Grao 1.

Así dí o comunicado do clube deportivista : “Saša Jovanović sofre unha lesión muscular de grao 1 no bíceps femoral da súa perna dereita. O atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para pasar, segundo ditamine a súa evolución, á fase de readaptación deportiva, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.

Un encontro no que Koné espera sacar a vitoria : “non gañamos aínda fóra de Riazor. Esperemos facelo esta semana e esperemos que sexa o primeiro partido de moitos. Imos ir con todo para sacar isto adiante”…”Cando esteamos máis acertados arriba imos gañar os partidos. Fáltanos un pouco”.

Pasamento de Veloso

José Luis Fidalgo Veloso, un dos poucos xogadores que superou a barreira dos 100 goles en partidos oficiais coa camiseta do RC Deportivo e gran protagonista xunto a Amancio do ascenso a Primeira de 1962, faleceu á idade de 82 anos.

Veloso protagonizou unha gran carreira no fútbol profesional, militando 7 temporadas no Deportivo, 4 no Real Madrid (co que gañou a Copa de Europa en 1966), 1 no Ourense e outras dúas no Rayo Vallecano. Ademais, sendo xogador branquiazul vestiu a camiseta da selección española en 4 ocasións (2 contra Romanía, 1 ante Bélxica e 1 fronte a Escocia), todas durante a campaña 1962-1963. Neses 4 partidos deixou a súa firma con 3 goles.

 

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Foto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies