O Depor volve o Toralín o 14 de Nadal.
LaLiga fixo oficiais as datas para os encontros da 20ª xornada de liga, 21ª e 22ª, nos que op Depor visita a Ponferradina, recibe o Tenerife e visita o Numancia.
20ª Xornada
Ponferradina-Depor
Campo : “El Toralín”, (Ponferrada)
Día : Sábado 14 de Nadal
Hora : 18:00, (17:00 GMT)
Tv : #Vamos
21ª Xornada
Depor-Tenerife
Campo : Estadio de Riazor
Día : Venres 20 de Nadal
Hora : 21:00, (20:00 GMT)
Tv : Gol Tv
22ª Xornada
Numancia-Depor
Campo : “Los Pajaritos”, (Soria)
Día : Domingo 5 Xaneiro 2020
Hora : 12:00, (11:00 GMT)
Tv : Movistar LaLiga
+++
OUTRAS NOVAS
David Simón foi dado de alta
David Simón xa foi dado de alta da operación de pubálxia que lle foi practicada onte en Porto, (Portugal), e xa se encontra no seu domicilio na Coruña. Estará 15 días de post-operatorio, despois do que xa poderá facer vida normal, (non deportiva) e comezará co tratamento de recuperación, que se alongará antre un mes e mes e medio, despois do que xa poderá adestar con normalidade.
Lampropoulos, Gaku e Montero cas suas seleccións
O grego Lampropulos, o xaponés Gaku Shibasaki e o madrileño Montero xogarán este xoves,venres e martes, (segundo que xogador), encontros cas suas seleccións. O xaponés ca de Xapón e o madrileño ca Española Sub 21.
Francisco Javier Montero xoga mañá xoves 14 de novembro (19:45 horas-18:45 GMT), España recibe a Macedonia no Estadio Municipal de Santo Domingo en Alcorcón, e o martes 19, (19:30 hora local, 18:30 en España-17:30 GMT)), a selección española visita a Israel, nun partido que se xogará no Ramat Gan National Stadium de Ramat Gan.
Gaku Shibasaki, xoga ca selección nipona ante Kirguizistán mañá xoves 14 no Estadio Dolen Omurzakov (17:15 hora local, 12:15 en España-11:15 GMT) da capital Bishkek. O choque é clasificatorio para o Mundial 2022 de Qatar e a Copa de Asia 2023 de China. Así mesmo, o martes 19, Xapón recibe a Venezuela nun encontro amigable que se xogará no Panasonic Stadium da cidade de Suita, ás 19:25 horas (11:25 en España-10:25 GMT).
Vassilis Lampropoulos foi citado pola selección de Grecia para dous partidos oficiais, clasificatorios ambos para a Eurocopa 2020. O combinado heleno visitará Armenia o venres 15 de novembro (21:00 hora local, 18:00 en España-17:00 GMT), no estadio Republican Vazgen Sargsyan do seu capital Yerevan; e, o luns 18 (21:45 hora local, 20:45 en España-19:45 GMT), recibe a Finlandia no Estadio Olímpico de Atenas. A selección grega, xa sen opcións de clasificación directa, necesita gañar ambos os encontros para ter algunha posibilidade de disputar os “Play-offs”.
-Foto : piratasdemuxia.es
-Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR