ROLDA DE PRENSA DE ANQUELA PREVIA O GIRONA-DEPOR : “ESTOU CONVENCIDO QUE IMOS FACER AS COUSAS BEN”

 

José Antonio Anquela pasou por rolda de prensa cun semblante diferente o do pasado Domingo tralo fiasco en Riazor ante o Mirandés. O técnico xienense alabou o caracter e actitude de Víctor Mollejo respostando a preguta dos xornalistas : “Necesitamos bastantes máis futbolistas como el. Gustaríame que todos tivesen esa intensidade e esas ganas de ser futbolista e de facer as cousas ben”, dixo Anquela do madrileño.

O técnico manifestou a sua ledicia polo apoio de Paco Zas e dixo que él segue “a traballar da mesma maneira e ca mesma ilusión”.

Sobre os xogadores espera que se saquen a presión que teñen enriba e que comecen a demostrar o que saben facer, cousa que está convencido : “O fútbol é como a visa mesma. Se estás bloqueado, non che sae nada. Parece que nos teñen que dar un pinchacito para que reaccionemos, e en Segunda se che dan unha picada, mal negocio. Quero que se tranquilicen, que xoguen ao futbol e demostren o que son. Estou plenamente convencido do que estamos a facer e de que imos saír desta, non me cabe a menor dúbida”, dixo.

A rolda de prensa o completo no vídeo.

Ademáis nos nosos “Vídeos Recomendados” tes tódolos vídeos que vai colgando o RC Deportivo ao instante, sexan, roldas de prensa, zona mixta, promocionais, etc…

++++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies