O COMITÉ DE COMPETICIÓN PROPÓN COMO PRIMEIRA MEDIDA DARLLE O ENCONTRO POR PERDIDO O FUENLABRADA.

 

O xuíz instructor do Comité de Competición propón que : “Inférese sen lugar a dúbida unha manifesta ocultación da verdadeira situación por parte dos responsables do club. Con independencia das repercusións sanitarias que iso poida ter, e as sancións da orde administrativa ou penal que puidesen corresponder, é o certo que todo iso supón unha afectación da boa orde deportiva, ao afectarse irremediablemente á competición e a súa integridade. A ocultación da gravidade da situación determinou non poder adoptar unha correcta decisión con coñecemento de todos os detalles precisos, a dilixencia ou non adoptada polo club en evitar a situación e a súa responsabilidade ou non en dispoñer dos efectivos necesarios para participar no partido contra o RC Deportivo da Coruña, SAD”.

Esto como primeira medida para que se poidan xogar os “Play-Off”, pero non será a única, pois polo capítulo de escenarios posibles están a perda de categoría e unha sanción económica. As forzas desestabilizadoras de prensa da LFP, (de Tebas), e o propio club, están a terxiversar a realidade dun asunto “moi grave”, (como apunta o xuíz instructor), con atentados contra o apartado deportivo, que desestabilizou a competición e o sanitario, co traslado impugnemente de contaxiados dunha rexión a outra sabedores da gravidade do asunto sen cumprir ningún dos protocolos de sanidade obrigatorios, igualmente no aspecto sanitario coma nos da propia LFP, e todo para tentar levar o Fuenlabrada ata a 1ª División, ca defensa a ultrancza do propio presidente federativo.

Nuns días e cando o xuíz instructor escoite a versión dos infractores chegarán de seguro máis sancións que poden ser ata de tipo penal.

 

COMUNICADO PATÉTICO DA LFP CONTRA A XUNTA E O RC DEPORTIVO

A Xunta de Galicia pechaou o expediente informativo e decidíu iniciar un procedemento sancionador contra LaLiga e o Fuenlabrada por incumprimento dos protocolos sanitarios, segundo anunciou este mediodía Alberto Núñez Feijóo.

Ademáis tamén está aberto o proceso pola Fiscalía da Coruña por mor da demanda presentada polo propio concello coruñés.

Na continuación nun novo capítulo desta crise sanitaria e deportiva, (máis capítulos cos Simpson), a LFP sacou un vergoñento e ameazante comunicado contra a Xunta de Galicia, Núñez Feijoo e inmiscuindo o RC Deportivo. Unha metedura de pata máis dun Tebas que xa destapou o que é e que de seguro que traerá cola, pois é insultante e todo un despropósito. Vese as craras a quen queren defender por intereses, (indefendible polo que se está a ver, e o que haberá por detrás).

PD . Non reproducimos o comunicado da LFP, (Tebas), por non darlle audiencia e por patético, no que compara a Xunta, “con tempos pasados”, sen mirarse o seu propio embigo. Por un lado a RFGF, e polo outro os equipos galegos de fútbol profesional, que forman parte deste organismo, e falan en boca tamén deles pois represéntanos, seguen a dar a calada por resposta ante o agravio e despropósitos que está a sufrir Galicia e o equipo con máis siareiros do fútnol galego con ampla maioría.

 

-Foto : RFEF

-Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies