HUGO VALLEJO DESPIDEUSE DO CLUBE E DA AFECCIÓN DO RC DEPORTIVO.

Hugo Vallejo foi de menos a máis nestes meses.

 

Trala despedida a pasada semana de Víctor Mollejo, un xogador con moitísimo futuro e que lle desexamos que trunfe e seguros de que por él non vai a quedar, como o demostrou aquí. Hoxe era Hugo Vallejo o xogador granadino do Real Madrid Castilla o que se despedía nas redes sociais. O xove xogador que disputou unha dúcia de encontros co Depor, nos que foi a máis a ollo e amosou a calidade que ten pegado a banda, en especial as suas chegadas a liña de fondo e pase atrás, cunha velocidade portentosa como amsou especialmente na vitoria en Elxe, (0-1), xogando unha hora cun menos e con gol dél e incluso puido marcar outro a bocaxarro.

Vallejo despedíase así : “Hoxe, tras seis meses, toca despedirme. Quero dar as grazas ao Deportivo e a todo o seu corpo técnico por confiar en min desde o primeiro momento. Agradecer tamén á afección, compañeiros e amigos polo agarimo e por facerme sentir como na casa todo este tempo”. O noso desexo de que todo lle vaia ben no futuro que se o respetan as lesións acabará sendo un xogador imporyante no fútbol español.

Namentras se van despedindo xogadores, O Fuenllabarada, quer xogar o vindeiro Domingo, sen haber recibido o alta e sen adestrar…Un ridículo máis do equipo madrileño tras pasarse polo forro un cúmulo de leis e protocolos.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.