Coruxo FC 2-0 Depor
O final comeunos o Coruxo a nós. Dous agasallos deportivistas na primeira metade por medio dunha “cagada” de Carlos Abad, e un penalti tan innecesario coma desafortunado de Keko Gontán, ao que lle quedou o pécravado, déronlle o trunfo a un Coruxo que non desaproveitou as ocasións que lles brindou o propio Depor.
Xa puido adiantarse no primeiro minuto o equipo sureño pero desta volta Abad estivo ben evitando un gol a bocaxarro. Puido poñer por diante Lara os deportivistas pero topouse co meta local, un minuto antes de que nun saque de curruncho, un mall despexe lde Abad deixáballe o balón franco a Chabboura. Un cuarto de hora despois e sen novas dos deportivistas de cara a porta, Silva facía o segundo para os coruxeses de penalti.
Catro trocos fixo Rubén de la Barrera na segunda metade dando entrada a Héctor Hernández, Diego Villares, Rayco e Miku, por Borges, Adri Castro, Lara e Luis Ruíz. Monólogo deportivista e 3 tiros a madeira, pero o gol non chegou e complícase a loita polo ascenso.
Destacar o desparpaxo de Rayco que foi entrado en falta en numerosas ocasións debido a sua verticalidade.
Coruxo FC : Alberto; Ántón de Vicente, Andriu, Crespo, Aspas; Jacobo, Chevi (Manu, min 83); Rivera (Vila, min 68), Mateo (Aarón, min 68), Chabboura; Silva (Álex Ares, min 83).
Depor : Carlos Abad; Valín, Mujaid, Granero, Salva (Héctor, min 46); Borges (Villares, min 46), Uche; Keko (Galán, min 62), Raí, Lara (Rayco, min 46); Adri Castro (Miku, min 46).
Goles : 1-0, Chabboura (21´); 2-0, Silva (36´de penalti)
Árbitro : Gao Aladro (comité asturiano), mostrou amarelas a Jacobo, no Coruxo e a Salva, e Rayco no Depor.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : RC Deportivo
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR