A PREVIA : CORUXO-DEPOR : “XANTAREMOS PEIXE NO VAO…OU XANTARANNOS A NÓS?”

 

“Xantaremos peixe no Vao?…o xantarannos a nós?”

Novamente, e unha vez máis, encontro moi importante porque o único que importa son os puntos, e daquí o final os 3 en cada encontro. Desa maneira non fará falla mirar a clasificación.

Rubén de la Barrera ten novas pezas para rediseñar o equipo ao seu estilo. Sen baixas por primeira vez  en toda a tempada, ten de onde sacar para buscar un equipo de condicóns. A sabia nova con Raí, Rayco e Villares, así como a recuperación de Héctor, son mimbres para buscar ao Coruxo, que ou ben paxaro ou ben peixe, debe ser o xantar deste Domingo no Vao…ou xantarannos eles a nós?. Iso sería poñerse nunha situación moi complicada e eles tamén se xogan moito, tratando de manter a categoría.

 

O ENCONTRO

Coruxo FC-Depor

Hora : 12:00/11:00 GMT

Campo : Estadio de O Vao

Árbitro : Álvaro López Parra, (Colexio Cántabro)

Tv : TVG2

Internet : www.crtvg.es

 

ÁRBITRO

Enrique Gao, árbitro xove e con poucos encontros disputados.

 

Enrique Gao Aladro, é o colexiado que dirixirá o encontro do Vao. Nado en Xixón, suma a sua cuarta tempada na categoría de prata, con tan só 41 encontros dirixidos. Nesta tempada tan só dirixeu 3 encontros nos que amosou 17 cartóns amarelos, e un vermello, cunha media de 5,65 cartóns por encontro. Nas anteriores 3 campañas que leva na 2ª B sempre superou os 6 cartóns por choque. No noso grupo dirixeu este ano o Pontevedra 2-0 Salamanca, e nos outros dous choques que dirixeu noutros grupos tamén saeu vencedor o equipo local.

 

LISTA DE CONVOCADOS

Diego Villares, Rayco, Pablo Brea e Héctor Hernández son as catro novidades na lista de 20 xogadores de cara ao encontro,

Os dous primeiros incorporáronse esta semana ao primeiro equipo procedentes do Fabril. “Van achegar ilusión, moitísima capacidade e calidades que neste equipo vanlles a permitir sumar e dar un salto exponencial. Independentemente de que sempre relacionamos que a xente de fóra está para xa e a xente que sobe imos ter que esperar. E neste caso non é así”, explicou onte Rubén de la Barrera en rolda de prensa.

 

MANIFESTACIÓNS

-Rubén de la Barrera : PREME AQUÍ.

-Diego Villares : PREME AQUÍ

 

-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : www.futbolasturiano.es 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies