UN DEPORTIVISTA SOBRADAMENTE PREPARADO, DAVID VILLASUSO, NOVO DIRECTOR FINACIEIRO DO RC DEPORTIVO.

 

O RC Deportivo ainda non o fixo púbrico, pero segundo varios medios informativos, David Villasuso será o novo director financieiro do clube. Un deportivista que cada encontro acude o Estadio de Riazor ca sua familia e que está sobradamente preparado e cun currículum excepcional por tódalas empresas nas que formou parte. Especialista ata fai pouco na entidade galega ABANCA, na que levou a Unidade de Impulso Empresarial, así coma postos relevantes no Banco Pastor e Banco Etchevarría. 

Villasuso viría a ocupar o lugar deixado vacante por González-Dans que como vos informamos fai uns días deixaba o seu posto. Ademáis o seu paso pola entidade bancaria galega, que podería ser máximo accionista do clube, avalaría a fichaxe do financieiro.

 

-Texto : piratasdemuxia.es

-Foto

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.