GONZÁLEZ DANS RENUNCIA VOLUNTARIAMENTE COMO DIRETIVO DO RC DEPORTIVO.

José González-Dans Vázquez, presentou a sua renuncia.

 

Segundo nos informan dende o RC Deportivo : “O director xeneral corporativo do Real Club Deportivo da Coruña, SAD, José González-Dans Vázquez, presentou formalmente a súa renuncia voluntaria, mediante escrito dirixido ao Consello de Administración comunicando que emprenderá un novo proxecto profesional. O equipo reitor do Club acepta esta renuncia, que será efectiva a partir do próximo 9 de maio.

José González-Dans prestou servizos ao Club desempeñando diversas funcións directivas desde xaneiro de 2014, inicialmente como director financeiro e posteriormente como director xeneral corporativo.

O Real Club Deportivo quere agradecerlle moi sinceramente o seu traballo, profesionalidade, dedicación e deportivismo durante o últimos seis anos na entidade, desexándolle persoal e profesionalmente os maiores éxitos no seu futuro proxecto”.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Federación de Peñas RC Deportivo

-Datos : XPeSPORTS

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.