RESULTADOS, CLASIFICACIÓN, CRÓNICA 8ª XORNADA 1ª GALICIA DE VETERANOS E PREVIA DA 9ª : “O CD RAZO XA TEN A VARIOS EQUIPOS ENRIBA TRAS PERDER CO SPORTING BÉRTOA”.

 

 A inesperada derrota do lider CD Razo, no derbi carballés ante o Sporting Bértoa, poe 1-0, con gol de Roberto García aos 56 minutos de xogo, no choque xogado na Porta Santa de Peisaco, fai que a liga se poña patas arriba. Os do Razo seguen no liderato, pero co Malpica e o Oza cos mesmos 17 puntos, estes últimos cun encontro menos, e co Soneira a 1 punto, e tamén, cun encontro menos ca os dous primeiros. Pola sua banda o Nantón podería unirse de cheo o carro dos que loitan por todo, de vencer no encontro que ten pendente co Soandres.

O encontro suspendido da 6ª xornada xógase este Domingo

Esta vindeira fin de semana haberá parón na liga, pero haberá fútbol veterano, pois na División de Honra adiántase o derbi fisterrán, Veteranos SD Fisterra-Arasolis FC, que se xogará o sábado ás 17:30 horas no campo fisterrán “Arasolis”.

O Domingo 11 de Nadal, será o turno nesta liga do suspendido  Soandres CF-CD Nantón no minuto 20, co resultado de 1-1, pola grave lesión de José Gómez, o que lle desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación e volta os campos. O choque reanudarase ás 12:00 horas, e disputarase no “Porta Santa” de Peisaco.

CLASIFICACIÓN

 

VINDEIRA XORNADA

 

Así vaia a División de Honra de Veteranos : PREME AQUÍ

 

-Foto de arquivo : CD Razo 2020

-Texto : piratasdemuxia