O Mazaricos segue na loita pola permanenza.
Xornada cáseque redonda para o San Lorenzo.
O San Lorenzo derrota pola mínima ao Arasolis FC, cun tanto de Edgar Rey aos 40 minutos de xogo, e deixa aos fisterráns, que seguen terceiros, a 5 puntos de distanza. Non fallou o segundo en discordia, ACD San Román, que derrotaba a domicilio ao Cabana SD, (1-2), e segue a 3 puntos do lider. Sí caía no seu choque o Veteranos CF Dumbría, e oSporting Zas, non pasaba do empñate, polo que os de Berdillo, só lles sigueu o ritmo o equipo larachés do San Román.
Por abaixo, o Fisterra de Veteranos, colista da liga, daba a sorpresa empatando en Ponteceso, e sumando así o seu segundo punto da tempada. A piques estivo tamén de puntuar o CF Mazaricos na sua visita ao San Ramón, (4-3), pero segue aberta a loita pola permanenza, pois o Cabana, (terceiro pola cola), perdía, e CV Leiloio, empataba co Corme CF, outra das sorpersas da xornada.
Parón da liga e un encontro este sábado
Para a vindeira fin de semana hai parón na liga, pero haberá un encontro, o derbi antre o Veteranos do SD Fisterra e o Arasolis, que se xogará o vindeiro sábado 10 de Nadal, no Arasolis fisterrán, a partires das 17:30 horas.
CLASIFICACIÓN
VINDEIRA XORNADA
Así vaia a 1ª Galicia de Veteranos : PREME AQUÍ
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : piratasdemuxia