O CF MAZARICOS PUBLICA OS WHATSAPP ANTRE O SEU XOGADOR E O DO PONTECESO SD E TODO APUNTA A UN “CASO BERGANTIÑOS” VERSIÓN DA COSTA.

 

Tal e como vos informamos no día de onte saltaba a palestra un suposto amaño de partido antre xogadores do CF Mazaricos e Ponteceso, para que os mazariquenses pasasen a promoción de ascenso a Preferente Norte, en detrimento do SD Tordoia. Ante esta polémica, que negaban xogadores de ambos equipos, o CF Mazaricos sacaba un comunicado no que apuntaba a que todo era unha broma antre dous amigos, que se sacou de contexto. O mesmo que fai uns meses pasaba con Álex Bergantiños, no xa máis que coñecido esperpéntico “Caso Fuenlabrada”, no que os madrileños que deberían haber sido descendidos e sancionados, sacaron un audio de Alex Bergantiños, que denunciaban como intento de amaño.

Agora o equipo mazariquense fixo público na sua páxina o contido da conversación antre o seu xogador e o do Ponteceso, que a simple vista parece unha conversa en plan coña sobre o partido e a necesidade dos de Mazaricos de gañalo e deixar fora o SD Tordoia. Xulgade vos a vista da captura de pantalla dos mensaxes antre ambos xogadores.

 

COMUNICADO DO MAZARICOS

Tras as falsas declaracións que circulan polas redes dun suposto amaño do noso partido co Puenteceso SD o pasado domingo 13, dende o Mazaricos Club de Fútbol desmentimos tal feito e queremos comunicar que a desafortunada mensaxe non se trata de nada máis que un audio fóra de contexto nunha conversación entre dous amigos.
Compartimos as capturas que acompañan a mensaxe, onde se pode ver perfectamente que se trata dunha broma e que é en tono irónico. Esperábamos non chegar a este punto de invadir a privacidade de ninguén, pero dado o alcance que están a ter algunhas novas totalmente sesgadas na prensa, cremos que é o máis xusto.
Todos os que nos coñecedes como club, a nós e ós nosos compañeiros do Ponteceso, sabedes que para nós o deporte e o fútbol representan valores de respecto, confraternidade e loita, polo que cada logro conseguido foi gañado e xogado no campo.
Recoñecemos o erro e a torpeza da mensaxe, máis tamén esperamos que poida servir para todos de aprendizaxe no futuro das consecuencias que poden ter algunhas bromas fóra de lugar. Por outra banda, estamos tranquilos xa que sabemos que non se pode probar algo que nunca pasou nin pasará por parte do noso club.
De parte do equipo tamén lamentamos estar a sufrir esta desacreditación e mándamoslle apoios ós nosos compañeiros do Ponteceso, en especial ó gran capitán e persoa Alberto Recarey Pérez, e por suposto, tamén ó noso capitán Esteban Pereiro.
Agradecer tamén a todos os que nos coñecen polos ánimos, a confianza e as palabras de apoio recibidas.

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”/CF Mazaricos

-Texto : piratasdemuxia/Mazaricos Fútbol Club