POLÉMICA NA 1ª GALICIA DA COSTA POR UN SUPOSTO AMAÑO NO 1-5 DO PONTECESO-MAZARICOS.

O Mazaricos deixou fora da promoción o Tordoia.

 

Na derradeira xornada da 1ª Galicia da Costa o CF Mazaricos tiña que gañarlle ao Ponteceso SD por un resultado que como mínimo fose de 1 gol máis co que acadase o SD Tordoia ao CD Belvís. os mazariquenses gañaban por 1-5 a un equipo o pontecesán que este ano por unhas cousas ou por outras tivo unha tempada cativa, e que foi goleado en varios partidos. Pola sua banda o equipo tordoiés derrotaba ao Belvís por 2-0. Os de Tordoia denunciaban aliñación indebida no seu rival, do xogador Sergio. A Federación anunciaba o calendario xa co Mazaricos como equipo que promocionaba a principios de semana, ainda que a resolución da aliñación indebida non lle chegaba a estes ata o pasado venres.

No día de onte, medios coma o DXT Campeón, ou a Voz de Carballo, facíanse eco da existencia dun audio de whatsapp antre un xogador do Mazaricos e un do Ponteceso, no que este lle ofrecía antre 1000 e 2000 euros por que perdesen para pasar así por golaveraxe a promoción. Un asunto que ambos clubes negan que sexa certo, e que o audio si existe, pero non é máis ca unha broma antre amigos, e que esta “fora de contexto”, (ver comunicado máis abaixo).

O parecer segundo comentan os medios que se fixeron eco dese audio, o SD Tordoia puxo en mans de avogados o asunto, e dende o Mazaricos e o Ponteceso, xogadores, apuntan a que só foi unha broma, e que antre algún deles, nin siquera falaron antre eles, pero a “bomba” xa está situada e ten a mecha prendida, falla ver se explota e os danos que causa.

O CF Mazaricos fixo un comunicado desmentido todo o vertido sobre o escabroso asunto, agora falta ver se finalmente o SD Tordoia denuncia o suposto amaño, e a decisión da RFGF.

 

COMUNICADO DO MAZARICOS

Tras as falsas declaracións que circulan polas redes dun suposto amaño do noso partido co Puenteceso SD o pasado domingo 13, dende o Mazaricos Club de Fútbol desmentimos tal feito e queremos comunicar que a desafortunada mensaxe non se trata de nada máis que un audio fóra de contexto nunha conversación entre dous amigos.
Compartimos as capturas que acompañan a mensaxe, onde se pode ver perfectamente que se trata dunha broma e que é en tono irónico. Esperábamos non chegar a este punto de invadir a privacidade de ninguén, pero dado o alcance que están a ter algunhas novas totalmente sesgadas na prensa, cremos que é o máis xusto.
Todos os que nos coñecedes como club, a nós e ós nosos compañeiros do Ponteceso, sabedes que para nós o deporte e o fútbol representan valores de respecto, confraternidade e loita, polo que cada logro conseguido foi gañado e xogado no campo.
Recoñecemos o erro e a torpeza da mensaxe, máis tamén esperamos que poida servir para todos de aprendizaxe no futuro das consecuencias que poden ter algunhas bromas fóra de lugar. Por outra banda, estamos tranquilos xa que sabemos que non se pode probar algo que nunca pasou nin pasará por parte do noso club.
De parte do equipo tamén lamentamos estar a sufrir esta desacreditación e mándamoslle apoios ós nosos compañeiros do Ponteceso, en especial ó gran capitán e persoa Alberto Recarey Pérez, e por suposto, tamén ó noso capitán Esteban Pereiro.
Agradecer tamén a todos os que nos coñecen polos ánimos, a confianza e as palabras de apoio recibidas.
Mazaricos Fútbol Club

.

Así será a promoción de ascenso

-A liguiña : Comeza o vindeiro 27 de Marzal e remata o 8 de Maio

-Ascenso : Só o que quede de primeiro

-Non se enfrontan antre sí os equipos que estiveron no mesmo grupo

-Puntos de inicio por posicionamento na liga regular : SD Negreira e CD Unión : 5; CD Baio e Cidade de Ribeira CF : 3; CF Mazaricos e Flavia SD : 2

-Equipos da Costa : CD Baio e CF Mazaricos

-Resto de equipos : SD Negreira, Flavia SD, CD Unión e Cidade de Ribeira CF

-Xornadas : 6

-CD Baio : 1ª xornada : recibe ao Cidade de Ribeira CF; 2ª visita o CD Unión; 3ª : recibe o Flavia SD; 4ª : visita o Cidade de Ribeira CF; 5ª : recibe ao CD Unión; 6ª visita ao Flavia SD.

-CF Mazaricos  : 1ª xornada : recibe ao CD Unión; 2ª visita o Flavia SD; 3ª : recibe o Cidade de Ribeira CF; 4ª : visita o CD Unión ; 5ª : recibe ao Flavia SD; 6ª visita ao Cidade de Ribeira CF.

-Texto : piratasdemuxia

-foto : Jorge Villar “Gorrión”