DURAS SANCIÓNS AO ARASOLIS FC DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS TRALO ACONTECIDO ANTE O CABANA SD ONDE O CLUBE FISTERRÁN ABANDONOU O TERREO DE XOGO EN PROTESTA POLA ARBITRAXE.

Intre dunha das expulsións por decirlle a un compañeiro : “como podes fallar eso”.

 

O Arasolis FC estaba a espera de ver as sancións que lle chegaban para decidir se continuar ou non na competición tralo acontecido o pasado Domingo 5 de Marzal no campo de “As Redondas” no choque ante o Cabana SD da 19ª xornada da División de Honra de Veteranos da Costa.

O clube fisterrán mandou un plego de protesta polo acontecido no encontro no que abandonaro o terreo de xogo no minuto 66 de encontro trala expulsión do seu cuarto home, e en protesta pola arbitraxe. Un plego de alegacións que podedes ver máis abaixo e que a Federación di non haber recibido en tempo.

As sancións duras como se esperaban

O ente disciplinario da Federación Galega de Fútbol dalle o encontro por perdido ao Arasolis FC por 3-0 e unha multa. Todo esto tomando como referenrza o artigo 44 do Regulamento Disciplinario da RFGF, dándolle o encontro como que non compareceu.

Sancionados 

Juan M Castreje : 6 encontros, dos que 1 é por desconsideración o árbitro, 1 por pasividade e desobedienza as indicacións do árbiotro tras ser expulsado, e 4 por coaccionar o colexiado tras ser expulsado.

Leonel Marcote : 4 partidos de sanción por agarrar, zarandear, empuxar ou producirse mediante outras actuacións, o árbitro.

Juan J Martínez : 2 partidos de sanción por dirixirse o árbitro en termos de desobedienza.

Eduardo Rivas : 2 partidos de sanción por dirixirse o árbitro en termos de desobedienza.

 

-Neste enlace pode verse o vídeo dunha das expulsións : PREME AQUÍ

 

PLEGO DE ALEGACIÓNS DO ARASOLIS FC

Crónicas 19ª xornada e Previa da 20ª : PREME AQUÍ

-Foto : Captura vídeo de Zeus Papín

-Texto : Xosé Búa “Pirata”.