O máis destacado desta 19 xornada foi o abandono do campo por parte do Arasolis FC cando transcurría o minuto 66 de encontro nas “Redondas” ante o Cabana SD, e co resultado de 2-2. Os fisterráns alegan unha arbitraxe nefasta que nun encontro no que aseguran que “foi limpo”, acabaron con 4 xogadores menos. Os do equipo fisterrán fixeron pública unha carta na que deixan quedar as suas críticas, e un plego de protesta que lle enviaron a RFGF, que vos publicamos en exclusiva, (PREME AQUÍ). O clube verdibranco está a espera do que dictaminen no día de hoxe as sancións para decidir se seguen ou non na competición. Por outra banda o San Lorenzo da un novo zarpazo a liga o sair victorioso do seu encontro co veciño Coristanco, e ademáis goleando, e aproveitar que no encontro antre o segundo, San Román e o terceiro, Sporting Zas, o resultado era de empate adous, (2-2), para escaparse a 8 puntos do segundo.
Por abaixo O Mazaricos non fixo boa a vitoria da semana pasada para loitar pola permanenza, e o equipo que o precede, 8a 3 puntos), a piques estaba de dar a sorpesa ante o Ponteceso. O Cabana a espera do ditamen da RFGF que lle podería facer moi ben de cara a salvación.
AVISO
Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas, baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es
CLASIFICACIÓN
PROXIMA XORNADA
************
1ª GALICIA VETERANOS DA COSTA
Segue a loita antre o Oza e o Razo. Ambos gañaron con apuros os seus choques, pero a cousa será antre eles dous ca derrota do Malpica, que era o que podería engancharse a loita, pero agora xa son 9 puntos os que o separan do lider, Oza, e cun encontro máis dos malpicáns, con 15 puntos en xogo. O Razo terá que seguir gañando e esperar fallos dos ocenses, que ademáis do punto que os separan teñen un encontro menos e ademáis os de Oza teñen o golaveraxe gañado cos de Razo.
AVISO
Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas,m baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es
CLASIFICACIÓN
PROXIMA XORNADA
-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto San Lorenzo : SD San Lorenzo