CRÓNICAS PENÚLTIMA XORNADA 2ª DIVISIÓN FEMININA GALEGA G4 : “CALO CAMPIÓN, XALLAS SUBCAMPIÓN, QUE ACOMPAÑARÁ NA PROMOCIÓN A CEE, DUMBRÍA E POSIBLEMENTE A MIÚDAS. MAZARICOS NA METADE DA TÁBOA…BO BAGAXE DE TÓDOLOS EQUIPOS COSTEIROS NESTE TREITO FINAL DE LIGA”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4

-25ª Xornada-

 Penúltima xornada da liga e a pesares de que houbo derrotas como as do Cee e o Mazaricos, os obxetivos están acadados a falla dunha xornada para o remate da competición e pensar xa nunha Copa da Costa que este ano vai a estar máis atractiva. O Xallas subcampión de liga e non poderá loitar co lider na derradeira xornada trala vitoria do SR calo en Cee, que as proclamaba campioas de liga, (a nosa máis cordial noraboa). O Cee con todo eso xogará a promoción, así coma o Dumbría trala sua vitoria con goleada. Queda na sexta praza e a expensas dos coeficientes finais, o Miúdas, que está en posible promoción, e ainda que perdese na derradeira xornada seguiría ocupando esta praza, co Victoria a 6 puntos. O Mazaricos caeu derrotado pero continua nunha excelente 8ª posición neste primeiro ano no Fútbol 11 feminino.-

 

Antía, voltou a disfrutar do fútbol cas suas compañeiras.

 

CF Dumbría 8-1 CF Vista Alegre

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Bonito fin de liga o que brindaron as Dumbriesas á sua afición no último partido no Conco. Con 9 baixas, pero con tódalas ganas posibles xa antes do 1º minuto a capitana Fandi cabeceou á rede un saque de curruncho botado por Kelly. Pouco durou a alegría xa que unha indecisión da zaga con Lissette provocou o empate no minuto 4, pero o dominio do balón e do tempo de partido era plenamente local.
Ainoa tuvo que abandonar o campo no minuto 20 tras un mal despexe mancando o seu nocello dereito dando entrada a Yoli. Antía, que volta ó equipo para aportar no tramo final, demostrou a claridade e calidade que ten, xogando de cara e facilitando o ritmo de xogo dende o centro da defensa. Novamente Fandi dende lonxe cun bo disparo adiantou ó Dumbría, é ó pouco Juliette amplía a renda tras unha bonita xogada colectiva por banda dereita. Kelly faría o cuarto cun bonito zurdazo desde dentro da area e Yoli celebraría o día da nai dedicando a sua filla (a infantil Carla) o quinto gol.
Pudo caer o sexto si Uxía, a mellor das visitantes non atallara o disparo de Claudia tras unha falta sacada en combinación con Fandi.

Na segunda metade a tónica era a mesma e de non ser polo acerto da gardamallas do Vista Alegre o resultado puido ser máis amplo. Os cambios ainda aportaron máis empuxe, e a velocidade de balón sigueu sendo a tónica.
Fandi materializou o seu hattreek particular e a cadete Claudia faría os 2 últimos recollendo o traballazo que fixo en conxunto ofercéndose sempre entre liñas e conseguindo ademáis o gol 100 do Dumbría en competición. O Vista Alegre a pesares da superioridade local compiteu sin perder a cara e plantou batalla cunha actitude de destacar.
Notable encontro en conxunto, brindado ás mamás das nosas futbolistas no seu día, marcado por un fermoso e sentido minuto de silencio na memoria do máis grande: Don Arsenio Iglesias Pardo…Vai por ti Bruxo
“.

CF Dumbría : Lissette, Icía, Carril, Noa, Antía, Fandi, Kelly, Claudia, Ainoa, Sabela e Juliette.
Tamén xogaron : Yoli, Naira, Sara, Lucía e Paula Rodríguez.
 

Goles : Paula Fandiño, (3), Juliette, Kelly, Yolanda, e Claudia, (2), por parte do Dumbría. Polas santiaguesas marcou Alysson un gol que representaba o 1-1.

Árbitro : Alejandro Tato. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

SD Dubra-CF Dumbría

14/05/2023 ás 12:00 horas

 

ED As Miúdas 3-2 CD Rois

Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Un partido que se nos puxo moi complicado, pero tivemos uns moi bos 30 minutos antes do descanso que nos dou para poder gañalo. Diante unhas rivais moi competitivas e que se ve que están a facer un bo traballo. Nos seguimos aprendendo cada día das cousas que xa van saindo e tamen dos erros”.

ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Marta Verán, Bárbara, Sofía, Marina, Marta Piñeiro, Paula, Ana e Ximena. Tamén xogaron: Naiara, Carlota, Clara, Claudia e Gala.

Goles : 0-1, Sara, (12´); 1-1, Bárbara, (42´); 2-1, Ximena, (45´); 3-1, Ximena, (45´); 3-2, Malena, (87´).

Árbitro : Mar Thiaw. Amonestou polo Miúdas a Clara, Gala e Ximena, e polas de Rois a Sandra.

 

Próximo encontro

Praiña Sporting Club-ED As Miúdas

14/05/2023 ás 12:00 horas

 

 

Cacheiras SD 5-0  CF Mazaricos

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) :
Partido no que chegamos con moitas baixas pero competimos contra un gran rival. Na primeira parte dominaron de principio a fin pero soupemos estar ben cerradas atrás e apenas concedemos ocasións. Os dous goles veñen de sendos tiros lonxanos en xogadas aisladas, o primeiro deles nun erro na saída de balón e o outro nun barullo na frontal da área. Na segunda parte soupemos leer a súa superioridade no medio campo e tapamos máis espazos por dentro, o que nos permitiu subir un pouco líneas. Pero de novo un tiro de fora da área acabou coas nosas esperanzas. Resultado final merecido a favor do Cacheiras. Competimos ben e as rapazas deixaron o que tiñan no campo. A seguir!”
.

CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Silvia, Fátima, Mariña, Antía, Hermida, Saray, Ánxela, Tamara, Bujan.
Tamén xogaron: Leire, Romay, Paula R e Tajes.

Goles : 1-0, Carla, (27´); 2-0, Tatiana, (43´); 3-0, Carla, (63´); 4-0, Rocío, (67´); 5-0, Judith, (80´).

Árbitro : Raúl García. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

CF Mazaricos-UC Cee

14/05/2023 ás 17:00 horas

 

 

UC Cee 1-2 SR Calo

-Buscamos colaborador para as crónicas e novas do UC Cee feminino-

Non puido o equipo ceista co Calo que saeu con maior ritmo e definición na primeira metade, na que xa se poían cyn craro 0-3. A volta de vestiairos as ceenses acurtaban distanzas por medio de Nerea e parecía que se ían a poñer no encontro, pero un novo gol das visitantes xa deixaba o choque decantado de cara as visitantes, que completarían a goleada no treito final.

UC Cee : Noemi, Lucía Rodríguez, Laura, Alba, Nerea, Andrea, Saray, Ruth, Uxía e Lucía Martínez. Tamén xogaron : Sharay, Lucía Caamaño, Lucía Facal, Antía e Nayara.

Goles : Marcou polas ceenses Nerea, o que supoñía o 1-3 no minuto 52. Aurora, (2), Laura, (2) e Nerea, marcaron polas de Teo.

Árbitro : Óscar Santos. Non ensinou ningún cartón.

 

Próximo encontro

CF Mazaricos-UC Cee

14/05/2023 ás 17:00 horas

 

O Xallas feminino subcampión de liga.

 

 Xallas FC 1-0 Praiña Sp Club

Rupper, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “Partido apático e con pouco ritmo das xalleiras, que lles costou meterse no partido. O Xallas entrou o campo sabendo que tiña xa pouco en xogo e que non ía poder ser campión desta liga xa que sabían do resultado do Cee-Calo a favor do Calo e que con eses tres puntos xa eran matemáticamente campiónas o equipo de Teo. Noraboa o Calo pola gran tempada que lograron facer. Chegamos co 0-0 o descanso e aí sí que se fixo borrón e conta nova para que na segunda metade se vira outro Xallas maís ordeado e con perigo nas súas transformacións, nunha delas Yasmina, quen sinón, transformaba o gol que daba tranquilidade e o subcampionato desta segunda liga na que participa o Xallas FEM. Na que non podo estar máis orgulloso do traballo e o grupo que temos“.

Xallas FC :Rosio; Laura, Rita, Saskia, Andrea Otero; Luchy, Andrea Barbeira, María; Olalla, Yasmina e Alicia.
Tamén xogaron : Leti, Inés, Nuria, Maite e Paula Barcia.

Goles : 1-0, Yasmina, (70´).

Árbitro : Manuel Castro. Amonestou polas xalleiras a Eloy García, (delegado), Lucía, Saskia e Yasmina. Polas visitantes amonestou a Sílvia, Alejandro Edreira, (2º adestrador), e Natalia.

 

Próximo encontro

SR Calo-Xallas FC

14/05/2023 ás 17:00 horas

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ

 

Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Foto Xallas : Rupper

-Foto Dumbría : Fran Figueroa

-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores