CRÓNICAS DA PENÚLTIMA XDA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 : “O CORME LÉVASE O DERBI ANTE O CERQUEDA NUN GRAN ENCONTRO CON AMBIENTAZO, E O PONTECESO GOLEA PARA DESPEDIR A LIGA NO SEU FEUDO”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2

-25ª Xornada-

Penúltima xornada da liga na que destacamos o derbi antre o Cerqueda e o Corme que foi unha gran festa do fútbol costeiro, en fútbol e en ambente. Despedida no Pinguel do Ponteceso con goleaba o colista e encontro no que se gardou un respetuoso minuto de silencio polo ilustre Don Arsenio Iglesias. 

 

As cerquedenses satisfeitas a pesares de non gañar.

 

UD Cerqueda 2-3 Corme CF

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partidazo con maiúsculas!!!!. Todos os ingredientes dun partido do fútbol da costa. Grada chea, partido moi disputado, deportividade e emoción ata o final. Primeira parte con moitas alternativas, na que nos puxemos 2 veces por diante no marcador, pero que foi contrarestado polas cormelás o último o borde do descanso. Na segunda parte xa nos costou un pouco máis controlar o partido. Nun balon parado encaixamos o 2-3. E de aí o final puxemos todo o que tiñamos para poder empatar. Non o conseguimos. Felicitar as rapazas do Corme pola victoria e por este derbi tan emocionante. Das nosas rapazas só podo sacarme o sombreiro, demostraron ser un grupo unido, no que traballan todas a unha. Virán tempos mellores en canto a resultados, porque con esta actitud e estas ganas, van no bo camiño”.

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Derbi con moita xente Nas gradas, que é o mellor deste ano, a gran afición que está habendo polo fútbol femenino. A nivel do partido, nos non fixemos un bo primer tempo, donde concedemos moito e elas aprobeirarono moi ben para meternos dous goles, ainda así conseguimos remontar por duas veces e ir co 2-2 o descanso, despois dunha charla moi productiva no descanso o equipo volviu a ser reconocible dominando os segundos 45 min, sin conceder ocasions o rival e xenerando xogadas de ataque con varias situacions claras de gol que non convertimos, hasta que nun corner metemos o 2-3. Moi orgulloso do meu equipo por como foron capaces de cambiar o escenario do partido a partir do descanso. E tremendamente feliz polas goleadoras, que normalmente son as encargadas de asistir a Naroa e en ésta ocasión foron elas as “Killers.

UD Cerqueda : Valeria, Jimena, Mónica, Paula, Tatiana, Irene, Raquel, Mariña, Isabel e Inés. Tamén xogaron : Uxía, Vanesa, Lorena, Sonia e Andrea.

Corme CF : Carmen, Ana, Laura, Aroa, María, Cris, Irene, Ana, Nati, Carla e Naroa. Tamén xogaron : Carla Vázquez, Candela, Salomé e Aurora.

Goles : 1-0, Mónica, (8´); 1-1, Ana, (19´); 2-1, Paula, (30´); 2-2, Natalia, (44´); 2-3, Ana, (53´).

Árbitro : Alberto Pombo. Non amosou ningún cartón.

 

Natalia e Ana fixeron os goles cormeláns.

 

Próximo encontro

SE Abella-UD Cerqueda

14/05/2023 ás 12:00 horas

Corme CF-Ponteceso SD

15/05/2023 ás 18:00 horas

 

******

 

Gardouse un respetuoso minuto de silencio por Don Arsenio Iglesias.

 

Ponteceso SD 5-0 CCD Curtis

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) :Partido correspondente á xornada 25 e último partido de liga na casa ante unha numerosa afección que visitou O Pinguel. Comezamos o encontro moi ben posicionadas no terreo de xogo, facéndonos donos do balón. No minuto catro xa conseguimos poñernos por diante no marcador por medio da todoterreo Muíño cun disparo cruzado que se coaría pola escadra visitante. Seguiríamos tendo o dominio do xogo facendo inoperantes os ataques das visitantes e, froito dunha unha xogada de estratexia ensaiada, remataba a gol no segundo pau a kaiser Myrella. Chegábamos o descanso cun dominio claro e co marcador de 2 a 0.

Na reanudación seguimos sendo donos do partido, pero sobre todas sobresaíu a figura da atacante Virginia, que conseguiu facer tres goles nos vinte primeiros minutos do segundo tempo facéndolle costa arriba o encontro ás rapazas de Curtis. Destacar o bo xogo local, podendo aumentar o marcador e despedíndonos da liga no Pinguel que nos deixa un magnifico sabor de boca para o derbi da próxima semana contra as veciñas do Corme.“.

 

 

Ponteceso SD : Noelia, Andrea Rodríguez, Eva, Myrella, Ainhoa, Lara, Noe, Míriam,  Virginia, Laura Berdeal, e Silvia. Tamén xogaron : María Lema, Laura Rodríguez, Lucía, Laura Ramos e Alba.

Goles : Cristina, (2); Alba, Diana, (2), Antía e Noa.

Árbitro : Manuel Rodríguez. Amonestou a Myrella do Ponteceso, (28´).

 

Próximo encontro

Corme CF-Ponteceso SD

15/05/2023 ás 18:00 horas

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ

 

+++++

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Fotos Ponteceso : Brais Pose

-Foto Cerqueda : Dani García

-Foto Corme : Fin Lema

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”/adestradores