CRÓNICAS 6ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “POR ARRIBA VENCEN TODOS AGÁS O CERQUEDA QUE CAÍA ANTE O SEGUNDO”.

 

Dos 4 de arriba tan só fallou o Cerqueda que ademáis se enfrontaba a un rival direto pola zona alta, o Sofán B que se levou a vitoria. Polo demáis Xallas venceu contra vento e marea chegando a quedar con 9, Malpica gañou, e gañou o Soneira que se pon 4º por enriba do Cerqueda que pasa a 5ª posición. Por abaixo continuan sen puntuar as duas parroquis ceenses, Ameixenda e Pereiriña.

 

-CRÓNICAS 6ª XORNADA-

 

SD Ameixenda 0-4 CD Nantón

Encontro que deixou sentenzado o equipo nantonés na primeira metade a pesares de que no minuto 12 quedaba cun menos por expulsión de Miguel Lois aos 12 minutos de xogo con vermello direto. Santi Moreira en duas ocasións e Tato mandaban a caseta o equipo ceense cun 0-3 adverso. Na segunda metade tocaba controlar xogando cun menos e Iván Moreira sentenzaba e completaba a goleada.

Goles : 0-1, Santi Moreira, (6´); 0-2, Santi Moreira, (23´); 0-3, Tato, (32´); 0-4, Iván Moreira, (57´).

 

SCD Buño 0-1 Xallas FC

Sacrificada vitoria do lider que se adiantaba no primeiro minuto de xogo cun tanto de Sergio Barbeira e logo quedaba no 37 cun homemenos por expulsión de José M. Suárez que vía un vermello direto por parte do colexiado Alberto Pombo, que tamén expulsaría a Rubén Sande no 82, intre no que vía o segundo amarelo. Con 9 xogadores aguantaron ante un Buño que se foi con todo arriba pero non logrou empatar.

Goles : 1-0, Miguel Dourado, (9´); 1-1, Javier Suárez, (26´); 1-2, Lucas, (38´ de penalti); 1-3, Ronny, (desconto final).

 

SCD Malpica 3-1 SD Laxe

Traballada vitoria dos malpicáns que seguen a estela do lider, Xallas, e que tiveron que xogar 40 minutos cun menos por expulsión de Alberto Hombre, que vía o segundo amarelo no 53. A primeira metade acababa con 2-1 no marcador, adiantábase o Malpica por medio de Alberto Hombre e poñíase 2-0 cun tanto de Ibra, que xa suma 13 en 6 encontros sendo o máximo goleador da categoría. Santi Casás dáballe vida os laxenses de cara a segunda metade. Unha segunda metade que foi moi bronca con moitos paróns e con ata 8 cartóns amarelo, 5 para os mapicáns, que tamén viron 1 na primeira metade, e 3 para os laxenses que tamén sumaran un no primeiro perioodo, por parte do colexiado, Iván Guerra. Ibra pechaba o encontro co terceiro da tarde e segundo da sua conta particular.

Goles : 1-0, Alberto Hombre, (2´); 2-0, Ibra, (11´); 2-1, Santi Casás, (42´); 3-1, Ibra, (74´).

 

SD Soneira 2-0 Atlético Pereiriña FC

Costoulle ao Soneira abrir o marcador ante un Pereiriña que xunto co veciño Ameixenda segue sen estrear o casilleiro de puntos. Villaverde facía o primeiro no derradeiro cuarto de encontro, un gol que lle sentaba mal aos ceenses que tan só 2 minutos despois recibían outro, desta volta marcado por Alberto e que xa deixaba sentenzado o choque.

Goles : 1-0, Villaverde, (74´); 2-0, Alberto, (76´).

 

O Cerqueda tirou de xuvenís para completar a convocatoria.

 

SD Sofán B 2-0 UD Cerqueda

Así nos relata Emilio Uzal a primeira derrota do seu equipo, o UD Cerqueda : “Partido moi disputado no Carral a partir do minuto 12 e ata o final. Nos primeiros 12 minutos saimos dormidos e encaixamos os dous goles. O primeiro un golazo pola escadra tras unha xogada anterior na que estamos nos a piques de marcar. O seu segundo gol chega nun saque de banda nun desaxuste defensivo. A partir de aí refixémonos e todo o partido foi moi igualado con varias ocasións nosas que non acertamos e eles con máis posesión. Puidemos meternos no partido no 65′ cunha gran xogada de Dani Varela que se foi por pouco. No final tirámonos arriba e eles puideron ampliar a ventaxa con 2 tiros o pau. Do arbitraxe prefiro non opinar. Fomos con moitas baixas de titulares habituais, con varios xuvenís e competiuse ben que é o que buscamos”.

Goles : 1-0, Adrián, (3´); 0-2, Nacho, (12´).

 

CF Lira 4-4 UD Corcubión

Foi cáseque sempre a remolque o equipo liracho nun choque bonito para o espectador e no que cada vez que se adiantaba o Corcubión conseguía empatar o Lira, pois asína primeira metade marcaba para os visitantes Samuel, e empataba de penalti Oli, poñíase de novo por diante o Corcubión cun penalti transformado por Iago Lema, e íanse o descanso co 2-2 no marcador. Igual de entretida foi a segunda metade na que nada máis voltar dos vestiarios César Lojo voltaba a poñer por diante aos visitantes e César Calvo empataba para os locais. Un novo penalti transformado por Iago Lema voltaba a poñer na picota aos corcubioneses, e como non, Alexis empataba, xa no desconto, para os lirachos.

Goles : 0-1, Samuel, (13´´); 1-1, Oli, (20´de penalti).1-2, Iago Lema, (23´de penalti); 2-2, Oli, (24´); 2-3, César Lojo, (47´); 3-3, César Calvo, (67´); 3-4, Iago Lema, (70´de penalti); 4-4, Alexis, (90´).

 

SD Oza 1-1 Sporting Seaia CF

Encontro tremendamente bronco o disputado nas Eiroas e no que o colexiado Iker Gómez tivo que ensinar un total de 13 cartóns amarelos, 7 para os locais e 6 para os visitantes e sen repetir a ningún. Os goles chegaron no primeiro tempo no que se adiantaban os seaieses por medio de Ferreiro e empataban os ocenses por medio de Nacho Pose. A segunda metade xa estivo moi trabada con tanto parón por faltas e xogadas de balón parado.

Goles : 0-1, Ferreiro, (8´); 1-1, Nacho, (20´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

Crónicas 6ª xornada da Liga da Costa : PREME AQUÍ

 

-Foto Cerqueda : O clube

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”