CRÓNICAS 6ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “PORTEÑO NOVO LIDER GOLEANDO TRAS APROVEITAR OS EMPATES DOS DE ARRIBA”.

 

-Crónicas 6ª Xornada-

O Porteñio, equiporevelación do que vai de tempada, recén ascendido a Liga da Costa, é o novo lider o aproveitar que nen Castríz, que lle cede o testigo, nen Mazaricos, pasaron do empate o que pon aos da Ponte do Porto líderes por golaveraxe con 16 puntos de 18 posibles, os mesmos co Castríz e 2 máis sobre o Mazaricos. O Corme arrímase a loita de arriba tras aproveitar os pinchazos de Castríz, Mazaricos, Monte Louro e Muxía, que non pasaron da igualada.

Por abaixo non hai novas de reacción no colista Volantes que xa suma 30 goles en contra, tralos 6 recibidos do Porteño, e segue sen reaccionar o Cee e Ponteceso. Pola sua banda o Cabana estanlle a sobrar os derradeiros minutos dos encontros. 

 

O Mazaricos volveu a empatar.

 

CF Mazaricos 1-1 UD Monte Louro

Primeira metade na que pronto se puxo por diante o equipo lourés cun tanto de Iker Lado, e fixo que os mazariquenses que viñan dunha traumática igualada en Camelle, tras ir gañando por 1-4 no minuto 89, e apretaron para tentar de remontar antes do tempo de lecer, e non sería ata o límite do tempo cando Raúl conseguía batir a Pedro Carreira. A segunda metade xa foi máis trabada con numerosas faltas que probocaban cartóns e paróns no xogo.

Goles : 0-1, Iker Lado, (11´); 1-1 Raúl, (45´).

 

CF Porteño 6-1 Volantes de Baño FC

O Porteño que está a ser o equipo revelación do que vai de tempada goleou a un Volantes que xa suma 30 goles en contra en 6 xornadas, con todo esto Manu Teijo adiantaba aos de Baño nos primeiros compases do encontro, sumando o 5º gol a favor dos seus no que vai de tempada, pero pronto lle daría a volta a tortilla o equipo de Javi Baña con goles de Brais, (2) e Darío, para irse o descanso coa ventaxe de 3-1. Na segunda metade Crístia, o terceiro de Brais e Jairo completaban a goleada para poñer aos da Ponte do Porto como líderes en solitario, aproveitando os empate do Castriz co Muxía e do Mazaricos co Louro.

Goles : 0-1, Manu Teijo, (5´); 1-1 Brais, (14´); 2-1, Brais, (20´); 3-1, Darío, (21´); 4-1, Crístian (52´); 5-1, Brais, (68´); 6-1, Jairo, (80´).

 

Outes FC 2-1 UC Cee

Cuarta derrota consecutiva dun Cee que polo menos freou a sangría de goles en contra das tres xornadas anteriores e que causa sorpresa que comezou a liga gañando con solvencia a Volantes e Camelle. Pola sua banda o Outes tras un mal inicio encadea a segunda vitoria consecutiva. Os ceenses chegaban con 13 xogadores o Conchido dos dous trocos que tiña só usou o do meta Isaías que entrou polo seu compañeiro Yago nos derradeiros minutos de encontro. O outro troco que tiña era Ezequiel que non xogou. Adiantouse por medio de Stefan o equipo da Serra nada máis reiniciarse o xogo tralo descanso. Un gol en propia porta de José lago, pasada a hora de xogo abría fenda no marcador para os outeses. O gol ceense chegou no descotno final por medio de Bruno.

Goles : 1-0, Stefan, (46´); 2-0, José Lago, (64´en propia porta); 2-1, Bruno, (90´).

 

SD Coristanco 1-1 CD Baiñas

Cuarto empate consecutivo dos de Coristanco que tiveron que sufrir ata o final para acadalo, pois eran os baiñeses os que se adiantaban por medio de Fabián pasada a media hora de xogo, e non foi ata o tempo de desconto final cando Jonathan rescataba un punto. Con este empate os baiñeses curtan unha xeira de duas derrotas consecutivas.

Goles : 0-1, Fabián, (35´); 1-1, Jonathan, (90´).

 

Manu Nogueira fixo o da igualada para os muxiáns.

 

SD Castríz 1-1 CF Muxía

Empate que de pouco lles vale a uns e outros, quizais algo máis aos muxiáns que non deixan escapar a un rival direto. Dous dos equipos fortes da liga chamados a loitar por todo e que mantiveron a emoción durante todo o encontro que puido caer de calquer parte. Braulio adiantaba aos de San Pedro de Castríz nas primeiras de cambio, e empataba para os da Terra de López Abente, Manu Nogueira antes da media hora de xogo. 

Goles : 1-0, Braulio, (4´); 1-1, Manu Nogueira, (29´).

 

Cabana SD 4-4 Camariñas FC

Decíamos a semana pasada que o resultado de 4-4 que se deu antre o Camelle e o Mazaricos era dos que se ven pouco, pero repiteuse desta volta nas Redondas e tamén houbo un 4-4 na 3ª da Costa. O Cabana deixou escapar o encontro no derradeiro cuarto de encontro, tras gran parte do choque por diante no marcador. Simón adiantaba aos de Pablo Rodríguez, ao cuarto de hora de xogo. Djibril empataba pouco despois para o Camariñas pero un minuto despois Raúl poñía de novo por diante aos cabaneses, e antes de irse a vestiarios Djibril voltaba a poñer a igualada no marcador. A volta de vestiarios Raúl voltaba a ver porta e pouco despois Nando Rey facía o 4-2. Pero Djibril foi un pesadelo para a zaga cabanesa e acurtaba as primeira de cambio, e con tempo para que puidese pasar de todo, David facía o definitivo 4-4. David por parte dos camariñáns e Noé por parte dos cabaneses viron no descotno final o segundo amarelo na sua conta.

Goles : 1-0, Simón, (15´); 1-1, Djibril, (20´); 2-1, Raúl, (21´); 2-2, Djibril, (43´); 3-2, Raúl, (57´); 4-2, Nando Rey, (68´); 4-3, Djibril, (72´); 4-4, David, (81´).

 

O Camelle foi superado por un gran Corme.

Corme CF 4-0 SD Camelle

Goleada do Corme aos camelláns que chegaban ca moral moi alta trala machada da semana pasada ante o Mazaricos, pero que desta volta topáronse cun Corme superior en especial na segunda metade. A primeira metade acabou co primeiro tanto dos do Roncudo, obra de Lucas. xa na segunda metade o gol de Isra a hora de xogo xa decantou a balanza para os cormeláns que completaban a goleada con dous tantos de Alejo.

Goles : 1-0, Lucas, (45´); 2-0, Isra, (59´); 3-0, Alejo, (70´); 4-0, Alejo, (79´).

 

CD Muros 1-0 Ponteceso SD

Un gol de Dani antes do descanso dalle os 3 puntos aos muradáns e cortan unha xeira de 3 derrotas consecutivas, pasándolle o testigo aos da Terra de Pondal que suman a segunda derrota consecutiva.

Goles : 1-0, Dani (41´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ