CRÓNICAS 29ª XDA DA LIGA DA COSTA : “ALEJO COLGA AS BOTAS”.

 

Alejo fartouse de marcar goles en tódalas categorías.

 

O Castriz non baixa a marcha e sigue competindo coma se a liga ainda estivese en xogo e desta volta foi partícipe da “despedida” dun dos grandes xogadores da Costa, Alejo Cambón, un “rapaciño” que deu todo polo Corme CF e que non xogou máis arriba porque non quixo. Pichichi da costa en imnumerables ocasión, e partícipe de tódlos éxitos do equipo cormelán de categoría en categoría ata chegar o senior. Vaia dende aquí a nosa homenaxe e adicatoria con estas crónicas a este GRAN xogador da costa.

No que se refire a xornada practicamente non queda nada por decidir, ou case. O Outes ca sua vitoria e a derrota do Corme asegurou a praza que quedaba por decidir da promoción, e no “case”, entra a órde dos equipos na promoción, e o descenso direto, pois co Camelle xa descendido fai unhas semanas, e que despideu a liga no Rodeiro o grande, derrotando o Ponteceso, na derradeira xornada hai un Baiñas-Volantes, para ver quen baixa direto e quen espera a ver o que pasa na 1ª Galicia na que o Baio ten as cousas moi mal para permanecer. O descenso dos baieses arrastraría a un máis da Liga da Costa a 3ª da Costa. Agora mesmo o que está nesa posición que ten que pregar polo Baio é o Baiñas que supera o Volantes en golaveraxe, a vitoria de calquera dos dous deixaría a un co rosario nas mans. O empate faría que fose o Baiñas.

AVISO

Fai uns días “morreume” o teléfono e perdín centos de números. Se a algún adestrador ou colaborador, non lle pedín o comentario que me mande unha mensaxe para recuperar o contacto.

Coma sempre as nosas gracias a tódolos colaboradores con fotos, vídeos e comentarios. Os comentarios son propios de cada colaborador, polo que non nos facemos cargo do contido, que é propio e intransferible.

 

-CRÓNICAS 29ª XORNADA-

 

Outes FC 2-1 Cabana SD

Álex Romero “Aliños”, (Adestrador do Outes FC) : “Iniciamos moi ben o encontro, chegando fluido e con perigo. Sen embargo a tensión e os nervios foron atenzándonos a medida que avanzaron os minutos cometendo erros en campo propio que o Cabana aproveitou crecer no encontro e facer traballar a Dani. Xa no segundo período ao gol de Keko respondeu moi axiña o Cabana, polo que o axustado do resultado mantiña a incerteza e tensión no noso xogo, de maneira que o Cabana seguía aproveitándose dos nosos propios erros para crear perigo. No tramo final, o penalti errado por Babu, lonxe de facernos dano, serviu para que o equipo reaccionase e volvemos a coller o pulso ao encontro, malogrando diversas ocasión ata que xa no desconto, Ryan acadou o gol da vitoria cando xa todo o mundo daba por feito o empate”.

Pablo, (Adestrador do Cabana SD) : “Mesma dinámica das ultimas semanas non xogas mal pero ganan eles. Non houbo muitas oportunidades de gol durante o partido, máis ben tiros desde fora da área pola sua parte e algunha contra pola nosa os goles, 1-1 sería o resultado mellor. Eles terían un penalti que o para Manuel, foi por mans claras do noso defensa e mans claras no 2-1 que sería o resultado final”.

Goles : 1-0, Keco, (54´); 1-1, Pablo, (56´); 2-1, Ryan, (desconto).

 

Alejo colga as botas.

 

Corme CF 1-4 SD Castriz

SD Corme : “A espera dun colaborador”.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido marcado pola despedida de Alejo, un xogador que pasará á historia do fútbol da Costa. Nós seguimos rendindo a un nivel moi alto e desde o principio fomos dominadores do encontro, cun Corme esperando a conectar con Alejo nalgunha contra. Chegamos 0-2 ó descanso (cun golazo de Iván Facal de libre directo), e xusto antes do pitido o árbitro expulsou a un futbolista local por protestar. Cando todo parecía indicar que mataríamos pronto o partido, o Corme sacou ese gran espíritu competitivo que ten, e a pesar de xogar en inferioridade numérica foi quen de anotar o 1-2 e incluso ter algunha oportunidade máis. Nós tivemos que modificar varias cousas para cambiar a dinámica do encontro e saiu ben, pronto colleríamos marxe co 1-3 e o 1-4, sendo os últimos minutos de trámite, cun equipo local xa moi cansado e nós errando varias ocasións claras”.

Goles : 0-1, Sebas, (16´), 0-2, Iván, (28´); 1-2, Alejo, (60´); 1-3, Adrián García, (65´); 1-4, Iván, (70´).

 

UC Cee 1-1 CD Baiñas

UC Cee : “A espera dun colaborador…”.

Sanchiño, (Adestrador do CD Baiñas) : “Partido que comezamos moi enchufados e tentando dominar o partido desde o primeiro momento, creando varias ocasions claras e conseguindo adiantarnos por medio de Fabian. Poidemos marcar mais goles e ir con mais ventaxa na primeira parte, pero Bruno antes do descanso consegueu igualar a primeira parte. Na segunda parte foi mais dominante o Cee creando as mellores ocasions en gran medida o noso cansansio xa que solo poidemos dispoñer dun xogador de campo de cambio mais o porteiro suplente. A pesar de esto tivemos as nosas e o partido puido caer do lado de calquera”.

Goles : 0-1, Fabián, (12´); 1-1, Bruno, (39´).

 

Volantes de Baño FC 2-1 Camariñas FC

Volantes de Baño FC : “A espera do colaborador…”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Chegamos a Muros con 11 xogadores xusto e dos cales tíñamos a 3 moi tocados, tal foi así que na segunda metade xogamos gran parte con 10 e nos minutos finais con 9. No primeiro tempo fomos mellores e conseguimos o gol e no segundo notouse que o Volantes xogábase máis e estou contento co traballo dos rapaces e incluso puidemos empatar xa que tivemos un penalti que non convertimos que podía ser o gol da igualada “.

Goles : 0-1, Djibril (30´), 1-1, Oladipo, (51´); 2-1, Manuel, (65´).

 

CF Mazaricos 2-5 CF Muxía

CF Mazaricos : “A espera dun colaborador…”.

Nando Waldomar, (Adestrador do CF Muxía) : “Foi un partido entretido, con dous equipos que teñen as suas ideas futbolísticas moi claras. A primeira parte foi un intercambio de golpes e na segunda aproveitamos os espazos que deixou o Mazaricos ó adiantar as liñas e coas forzas que nos deron os xogadores que entraron dende o banquillo poidemos conseguir un gran resultado contra un bo rival”.

Goles : 0-1, Víctor Alcaina, (4´), 0-2, Manu Nogueira,  (20´); 1-2, Marcos, (24´); 1-3, Manu Nogueira, (29´); 2-3, Raúl, (35´); 2-4, Fran Moreira, (66´); 2-5, Manuel, (88´).

 

CF Porteño 2-1 CD Muros

Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Fixemos un primeiro tempo máis ben floxiño, pois víñanos dun esforzo grande de copa e costounos entrar no partido, fomos o descanso cero un abaixo. Xa no segundo tempo os chavales puxéronse as pilas en parte gracias o empuxe da grada e conseguiron remontar, por medio de un cabezazo de Miguel, e de un gran tiro de Dario desde fora da área. A eles expulsáronlle a un xogador por doble amarela e xogamos casi media hora contra dez, cousa que nos axudou bastante tamén.Moi contentos por esta temporada que estamos facendo”.

Vinto Tajes, (Adestrador do CD Muros) : “A espera do seu comentario…”.

Goles : 0-1, Djibril (30´), 1-1, Oladipo, (51´); 2-1, Manuel, (65´).

 

-Encontros do sábado-

PREME AQUÍ  para ver as crónicas.

 

CLASIFICACIÓN

Castriz : 77 

 Muxía : 58

 Porteño : 58

 Mazaricos : 55

Outes : 53

 Corme : 48

Ponteceso : 47

 Camariñas : 39

 Coristanco : 39

10º Cabana : 37

11º Monte Louro : 31

12º Cee : 34

13º Muros : 26

14º Baiñas : 19

15º Volantes : 19

16º Camelle : 14

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”