Este sábado xogábanse dous encontros na liga da Costa nun intre de tregua que deu o tempo tras 36 horas de chuvia, en algunhas zonas moi forte e con inundacións. Os dous equipos que partían como favoritos caeron derrotados pola mínima, o Camelle despedía a Liga da Costa no “Rodeiro” e facíao cunha vitoria sobre o Ponteceso cun tanto nos derradeiros minutos de Carlos de Dido, “alma mater” do SD Camelle. Por outra banda o Monte Louro, (11º), xa salvado de calquer perigo levabase os 3 puntos do “A Rocheira”, ante o Coristanco, (7º), nun deses choques dos que se xogan pensando en que esto se acabe dunha vez e a pensar noutras cousas e na vindeira tempada. O gol, obra de Xián, xhegaba no desconto final.
Na nosa Axenda do Fútbol da Costa tes todo o xogado e o que está por xogar dos nosos equipos senior masculinos e femininos.
Carlos de Dido marcou o gol da despedida da tempada no Rodeiro.
SD Camelle 1-0 Ponteceso SD
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido serio dos rapaces, serio defensivamente na primeira parte donde o Ponte ceso foi superior ata o min 30 que cadrou ca lesión do seu capitan Recarey, ca sustitución dél empezamos a ganar o medio do campo e igularse a cousa. Nós so disporíamos dunha ocasión na primeira parte. A segunda comezaríamos superiores en ocasións pero o balón estaría sin dono. pois seria un ida e volta. As ocasiónd claras serían para nós, ata mandaríamos un balón o pao. Os últimos 10 minutos serían un ida e volta. Nós sin nada que perder iríamos con todo arriba e a falta de 5 minutos marcábamos gol, por medio de Dido a centro de Sergio. Nos últimos minutos eles apretaron pero Pirata foi capáz de desfacerlle as ocasions. Nós teríamos un man a man, pero o marcador xa non se movería”.
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Na primeira parte levamos nos a iniciativa chegando varias veces a portería contraria moi ben defendida polo cancerbeiro local, moi seguro todo o partido. Na segunda parte igualouse máis a cousa e o Camelle empezou a chegar máis. Avisou con un tiro o pao e o final conseguiu anotar. Victoria xusta e merecida por parte deles. Nós, aínda que tivemos a nosas non fomos quen, e eles si. Felicidades”.
Gol : Carlos de Dido, (86´).
SD Coristanco 0-1 UD Monte Louro
A espera dun colaborador do SD Coristanco—
David “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “A espera do seu comentario para poñelo aquí”.
Gol : Xián, (90´).
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”