CRÓNICAS 29ª XDA DA 3ª DA COSTA : “FALTA SABER O POSTO DE ASCENSO DIRETO E UN DE PROMOCIÓN PARA O QUE TEN MOITAS PAPELETAS O LIRA”

 

Falta unha xornada e será a decisiva para varios equipos, pois co Xallas campión e con barba dende que o acadou, falla saber quen o acompañará de maneira direta. Agora mesmo sería o Sofán B que ten a segunda praza pero dase a casualidade de que ten o Corcubión a 3 puntos, e en caso de empate o golaveraxe a favor dos corcubioneses, e os sofanistas descansan na derradeira xornada que se xogará o vindeiro Domingo en horario unificado das 17:00 horas. Unha vitoria do Corcubión sobre o Sporting Zas daríalle o ascenso os de Lema e mandaría os sofanistas a promoción, pero a cousa non vai ser doada, pois os zacenses visitan o Novo Cubaleiro ca premisa de gañar para tentar de entrar en promoción, a cal teñen a 1 punto en poder do Lira, pero moi mal se lle deberían pintar as cousas os lirachos pois visitan ao SD Ameixenda que nesta tempada leva 0 puntos, con 11 goles a favor e 171 en contra. Polo tanto antes de que se xogue a derradeira xornada xa sabemos que na promoción enfrontaranse Soneira e Oza, nunha eliminatoria e na outra, ten moitas probabilidades de ser Sofán-Lira, todo co que se faga no campo corcubionés, senón gañan os branquiazuis serían eles os que xogarían cos lirachos.

Este ano rífanse os ascensos e namentras que baixan seguro 2 da Liga da costa, desta suben 4, xa que o que gañe a eliminatoria será equipo da Liga da costa a vindeira tempada. suben dous diretos e 2 en promoción.

AVISO

Iremos poñendo os comentarios dos adestradores segundo nos chegue, polo que estas crónicas están abertas a esa espera. Si algún adestrador ou colaborador non recibeu a petición de comentario é porque fai uns días “morreume” o mobil e perdín centos de números que non tiña gardados, polo que agradecería que aos que non vos mandei a mensaxe polo comentario, ou mesmo os clubes, me mandedes vos unha por whatsapp, (626 72 00 47)…

Gracias pola colaroración a tódolos que axudades a facer estas crónicas…

 

-CRÓNICAS 29ª XORNADA-

 

Atlético Pereiriña FC 1-3 UD CorcubiónXallas FC

Atlético Pereiriña FC : “A espera do comentario…”.

Gorka, (Xogador do UD Corcubión) : “Partido disputado en la primera parte, dos goles nuestros de corner y varias ocasiones de ellos de fallos nuestros de concentración. La segunda parte ya tuvimos más el control del partido y ya con 3-1 dominamos nosotros y con varias ocasiones para hacer algún gol más, ellos en la segunda parte no causaron peligro“.

Goles : 0-1, Iago Lema, (25´); 1-1, Saulo, (32´); 1-2, Iago Lema, (39´); 1-3, Luis Lojo, (60´).

 

 

O Sporting Zas está as portas da promoción.

 

 

Sporting Zas 5-1 CD Nantón

Fáltanos o tlf de ambos adestradores…

 No vídeo o gol de penalti de Javier Suárez.

Goles : 1-0, Javier, (5´de penalti); 2-0, Javier, (10´); 3-0, Javier, (15´de penalti); 3-1, Iván, (25´); 4-1, Raúl, (30´); 5-1, Ronny, (88´).

 

SCD Malpica 0-1 SD Sofán B

SCD Malpica : “A espera do comentario”.

José Barca, (Adestrador do SD Sofán B) : “Partido o que chegamos ambos conxuntos con necesidades, eles para tentar entrar no Play-Off e nós para seguir na loita polo ascenso direto. Choque igualado, coa primeira ocasións para eles que fallan sós ante Mario. Estivemos espectaculares en defensa e adiantámonos nun saque de curruncho que marca Raúl Rodríguez nun corner no segundo pau. Un tiro o pau de Mario e moito xogo direto. A ningún nos valáii o empate e viñéronse arriba, e tiveron varios remates, pero ningún antre os tres paus. Nos tivemos outro longueiro. Contra o final quedamos cun menos e tivemos quye traballar máis e acadamos unha vitoria que obriga o Corcubión a gañar, e aseguramos como mínimo o terceiro posto e se é así preparase para a promoción “.

Goles : 0-1, Raúl Rodríguez, (18´).

 

 

CF Lira 2-1 Xallas FC

Roberto Amoedo, (Xogador do CF Lira) : “Partido moi difícil contra o mellor equipo da categoría, a pesar das baixas que traían e co obxetivo cumprido, foron superiores a nós o longo do partido. Nós ca necesidade de sumar os 3 puntos para seguir soñando co Play off, non demos a nosa mellor versión, ademais nun corner mal defendido puxéronse por diante e tivemos que apretar máis arriba e os espazos que deixamos atrás eles aproveitábanos moi ben. Logramos empatar rápido e na segunda parte o Xallas tivo duas moi claras que non lograron materializar, e xa cando parecía que acababa en empate, Oli recolle un balón na frontal da área e ca esquerda metea na escadra onde o porteiro pouco puido facer. Felicitar o Xallas polo ascenso e nós a intentar gañar domingo para lograr o noso primeiro obxetivo”.

Bruno Prego, (Adestrador do xallas FC) : “Visitamos a un Lira que se gañaba dependía de si mesmo para a fase de ascenso. Chegamos con varias baixas, unha delas a de Iván Couto, que valeu para que debutase na porta a Iker, un gran porteiro, primeiro ano de xuvenil e alegrounos moito. eles por arriba con Amoedo e Cartamil teñen moito podería por arriba. Nos tratamos de sair en corto e atacar, pero parece que temos a pólvora mollada, pois erramos ocasiósn claras, pero os dianteiros hai que animalos sempre, que temos o obxetivo acadado. Adiantámonos cun tanto de Rubén Blanco de cabeza, que a verdade que é impresionante como salta. Nos tratábamos xogar por abaixo xa que por arriba sabíamos que íamos a perder neses duelos. Chegou o gol deles nun barullo con rexeites ata na madeira. Na segunda ocmo decía enrtou Iker e dende aquí quero felicitalo polo ben que o fixo no seu debút. Buscamos fútbol de apoio, con laterais profundos e chegábamos pero non temos a sorte do gol. Nunha xogada no final do encontro, fannos unha falta o borde do área, e danos unha ventaxe que non existe, nesa xogada collen un balón e mandan en largo e marcan por toda a escadra. Chegounos a segunda derrota consecutiva cun gol no desconto e totalmente impaarble. Nada que reprocharlle o equipo que compiteu e os que participaron pouco e que adestraron a sua oportunidade merecen xogar, deron a cara en todo o momento e agora despedir a tempada na casa e tentar gañar e planificar a que ven”. 

Goles : 0-1, Rubén, (36´); 1-1, Pablo, (39´); 2-1, Oli, (Desconto final).

 

SD Buño 2-1 UD Cerqueda

SCD Buño : “A espera do comentario”.

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “O futbol e fútbol porque moitas veces non gaña o mellor. Fixemos unha moi boa 1ª parte cun gol de Suso, varias ocasións e 3 tiros o longueiro. Eles fixeron o empate nun rebote na única ocasión, (si e que se pode chamar así), que tiveron. No descanso intentamos que a frustración non nos pasara factura polo inmerecido do resultado, e o máis frustrado foi o entrenador, o sea eu, que me equivoquei totalmente nun cambio e empeorei o equipo. A 2ª parte foi máis parexa e eles fixeron o 2-1 nun penalti claro. Despois máis ocasións falladas por nós, que foi o noso “Talón de Aquiles” este ano, e polo que non imos chegar a fase, pero tamén xa sabíamos que non tíñamos nada que facer pola derrota de Xallas contra Lira. Prefiro non decir nada máis e mordela lingua. Noraboa os ascendidos e sorte na fase para todos”.

Goles : 0-1, Suso (20´); 1-1, Brais, (27´); 2-1, Breogán, (65´de penalti).

 

PARTIDOS DO SÁBADO

Para velos : PREME AQUÍ.

 

 

CLASIFICACIÓN

Xallas : 69 

Sofán B : 61

 Corcubión : 58

 Soneira : 55

Oza : 49

 Lira : 43

  Zas : 42

 Cerqueda : 40

Malpica : 39

10º Buño : 33

11º Seaia : 30

12º Laxe : 27

13º Pereiriña : 25

14º Nantón : 10

15º Ameixenda : 0

****

-Verde : Ascenso direto

-Granate : Promoción

 

 

-Foto e vídeo do Zas-Nantón : Prensa Sporting Zas

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”