CRÓNICAS 28ª XDA DA LIGA DA COSTA : “SIGUE PLENA A LOITA POR UN DOS POSTOS DA PROMOCIÓN E UN DO DESCENSO DIRETO”.

O Cee empatou co Camariñas nun entretido encontro.

 

Igualdade total na loita polo subcampionato de liga, un posto que só vale de maneira anecdótica, pois só ascense un direto. Cos resultados desta xornada hai un triple empate a 55 por detrás do Castríz. Muxía, (2º), Porteño, (3º) e Mazaricos, (4º), esperan a un compañeiro de promoción, que sigue a ser o Outes con 50 puntos e a falla de 6 puntos por disputar lévalle 2 o Corme, e 3 o Ponteceso, que loitarán ata o final, a ver quen dos 3 vai a promoción nese poosto que falla por decidir. Por abaixo houbo troco de posicións. O Baiñas de Sanchiño derrotaba a un Monte Louro que non se xogaba nada e aproveitase da derrota do Volantes de Baño en Ponteceso para sair dos postos de descenso direto e mandar a eles o Baiñas. Os baiñeses están agora antepenúltimos no posto que depende de se hai algún arrastre. 

COPA DA COSTA

O final do artigo traémosvos os enfrontamentos e horarios dos Cuartos de Final da “LIX Copa da Costa” que se disputará o vindeiro mércores, festivo para parte da poboación o ser o “Dia do traballo”. Decimos parte, xa que o sector primario, (pesca, agriculture e gandería), así como a hostalaría, (e algún máis), non paran, polo que para todos eles non é festivo.

AVISO

Fai uns días “morreume” o teléfono e perdín centos de números. Se a algún adestrador ou colaborador, non lle pedín o comentario que me mande unha mensaxe para recuperar o contacto.

Coma sempre as nosas gracias a tódolos colaboradores con fotos, vídeos e comentarios. Os comentarios son propios de cada colaborador, polo que non nos facemos cargo do contido, que é propio e intransferible.

 

-CRÓNICAS 28ª XORNADA-

 

Cabana SD 0-1 CF Porteño

Pablo, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido mui igualado con varias o casións para os dous equipos donde o gol deles chega nunha xogada algo barullenta pero leváronse os tres puntos”.

Jesús Cousillas, (2º adestrador do CF Porteño) : “Primeiro tempo menos os 10 primeiros minutos nos que saimos fríos, creamos bastantes ocasións e merecemos marcar máis goles. No descanso eles quedaron cun menos o expulsarlle o porteiro o ir para vestiarios. Na segunda meyade xogamos fatal. Un tiro o pau de Manoliño e algunha a contra, pero non me gustou nada. Eles a pesares de xogar cun menos buscaron colgar balóns, ainda que non pasamos moitos apuros xa que en defensa si que estivemos ben. Máis 3 e xa aseguramos o Play-off e agora a enfrontarnos a todo un Sofán na nosa casa na Copa”.

Goles : 0-1, Joseba, (35´).

 

SD Coristanco 1-1 Outes FC

SD Coristanco : “A espera dun colaborador”.

Álex Romero “Aliños”, (Adestrador do Outes FC) : “Partido con unha parte para cada equipo ao meu entender. No primeiro acto tivemos moitos problemas para contrarrestar o xogo do Coristanco, que tivo boas opcións de marchar con vantaxe ao marcador pero non foi capaz de acertar. Xa no segundo período, co partido mais igualado chega o gol local nunha contra mal defendida por nos. O gol reactivounos, e tivemos resposta co gol de Babu ao transformar un penalti. No derradeiro tramos do encontro foron varias as opcións claras de gol das que dispuxemos, a mais clara un remate de Adrián ao longueiro e posterior remate ca porta baleira de Keko que remata alto”.

Goles : 1-0, Rodrigo, (51´), 1-1, Babu, (55´ de penalti).

 

CD Baiñas 2-0 UD Monte Louro

Sanchiño, (Adestrador do CD Baiñas) : “Partido no que entramos enchufados sabendo o moito que nos xogabamos e os poucos minutos nunha falta de Dylan que estrela o balon no longueiro o rechace caelle a Charly que de cabeza envía de volta a portería facendo lucir o porteiro contrario cun paradon por toda a escadra. Dispoñemos poucos minutos despois dun man a man de Ruly que volve a despexar o seu porteiro. Na segunda parte saimos dispostos a ir polo partido e froito desto un centro desde a banda de Edu despexa un defensa deles hacia a sua porteria acadando o primeiro gol da tarde. Esto deunos mais tranquilidade e noutra xogada individual de Edu conseguimos o definitivo 2-0. A raiz de eles quedarse con un menos por expulsion (inxusta desde o meu punto de ver), o partido foi controlado pola nosa parte, acadando estes tres puntos tan importantes”.

“Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “A espera do seu comentario”.

Goles : 1-0, Eduardo, (58´); 2-0, Eduardo, (60´).

 

Ponteceso SD 5-0 Volantes de Baño FC 

Ponteceso SD : “A espera do comentario”.

Volantes de Baño FC : “A espera do comentario”.

Goles : 1-0, Martín, (8´), 2-0, Pedro, (39´); 3-0, Eloy, (58´); 4-0, Alberto Recarey, (65´); 5-0, Félix, (desconto).

 

Camariñas FC 2-2 UC Cee

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido ao que chegamos con 11 xogadores máis Juliàn que veu poñer unha man estando lesionado e no que finalmente acadamos un empate a dous tantos. Partido foi de dominio alterno no que o resultado ao meu modo de ver, foi xusto”.

UC Cee : “A espera dun colaborador para os comentarios”.

Goles : 0-1, Djibril, (2´), 1-1, Bruno,  (15´); 1-2, Mohamed, (52´); 2-2, Djibril, (82´).

 

CD Muros 1-4 Corme CF

Vinto Tajes, (Adestrador do CD Muros) : “Comenzámos o partido bastante ben dominando é creando ocasions durante toda a primeira parte que acabou co resultado de 1-0. Na segunda parte saimos agarrotados éspesos e o Corme aproveitou para facernos 3 goles en 4 minutos. A partir de ese momento presionamos buscando o empate dándolle espacios o Corme que aproveitou para sair a contra e marcar o cuarto. O final 1-4 para o Corme que foi xusto vencedor”.

Corme CF : (a espera de colaborador).

Goles : 1-0, Daniel, (36´); 1-1, Brais, (58´); 1-2, Hugo, 60´); 1-3, Miguel, (62´); 1-4, Alejo, (85´).

 

-Encontros do sábado-

PREME AQUÍ  para ver as crónicas.

 

 

CLASIFICACIÓN

Castriz : 74 

 Muxía : 55

 Porteño : 55

 Mazaricos : 55

Outes : 50

 Corme : 48

Ponteceso : 47

 Camariñas : 39

 Coristanco : 38

10º Cabana : 37

11º Monte Louro : 31

12º Cee : 31

13º Muros : 26

14º Baiñas : 18

15º Volantes : 16

16º Camelle : 11

 

-“LIX Copa da Costa”-

Cuartos de Final

Mércores 01/05/2024

Muxía-Fisterra, ás 19:00 horas

Porteño-Sofán, ás 17:00 horas

Mazaricos-Dumbría, ás 16:30 horas

Ponteceso-Baio, ás 18:00 horas

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”