O capitán do Muxía, Michael xogou de dianteiro e abreu o marcador no primeiro minuto.
Tal como vos informamos na nosa Axenda do Fútbol Senior da Costa, este sábado xogábanse dous encontros da Liga da Costa na sua 28ª xornada, encontros nos que houbo consecuencias pois a vitoria do campión de liga, SD Castriz, sobre o segundo, CF Mazaricos e a vitoria do CF Muxía que chegaba como terceiro, sobre o colista, SD Camelle, fai que os muxiáns suban a segunda praza con 55 puntos, superando aos mazariquenses. Os muxiáns golearon a un Camelle ao que se lle está a facer longa a tempada debido a gran cantidade de baixas que arrastra, chegando a Arliña con 12 xogadores.
As crónicas quedan abertas ata que nos cheguen os comentarios que falta.
CF Muxía 4-0 SD Camelle
Nando Waldomar, (Adestrador do CF Muxía) : “O partido contra o Camelle quedou marcado nos 5 primeiros minutos, xa que o Capi, que xogou de dianteiro, na primeira aproximación que tivemos conseguiu marcar nunha fermosa volea, e no segundo remate que fixemos, nun saque de esquina a favor o noso central Gusa rematou no segundo pao a gol. A partir de ahí foi un partido no que intentamos ter o balón e que o Camelle tivera que cansarse defendendo, cos cambios na segunda metade estivemos máis rápidos arriba e aproveitamos o cansancio do rival para superalos con finalizacións nas que buscamos a velocidade. Foi un partido que nos ten que dar enerxía para enfrontar o mércores o partido de Copa contra o Fisterra e o próximo domingo a penúltima xornada de liga en Mazaricos, para intentar conseguir o segundo posto na liga, o que pode ser moi importante de cara a seguinte fase”.
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no empezamos durmindo no que nos puxeron 2 goles nos primeiros 5 minutos en sendos fallos. A partir de aí igualaríase o partido pero as chegadas seguçian sendo do Muxía. A segunda parte sería máis igulada con oportunidades para os dous equipos, pero o Muxía a contra farçianos 2 goles máis”.
Goles : 1-0, Michael, (1´), 2-0, Gusa, (4´); 3-0, Manuel, (72´); 4-0, Mauro Romaní, (desconto)
Arbitro : Óscar Santos. Amonestou a Santi “Maka”, do Camelle.
SD Castriz 3-1 CF Mazaricos
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Un dos nosos partidos máis completos no que vai de competición, polo que solo lle podo dar a noraboa ós rapaces por rendir así co obxectivo xa cumprido. Ademáis ante o segundo clasificado que loita aínda por manter a súa posición. Sabedores de que o Mazaricos crece co balón, o plan de partido baseábase en quitarllo. Presionando moi alto e mantendo posesións largas. Na primeira parte houbo intercambio de golpes, pero creando nós máis ocasións, polo que o 1-1 ó descanso creo que non facía xustiza ó visto. Xa na segunda parte, co paso dos minutos, o noso dominio foi aumentando, logrando poñernos 3-1 e crear ocasións para un posible resultado máis abultado“.
Marcos Domínguez, (Adestrador do CF Mazaricoss : “A espera do comentario”.
Goles : 0-1, Fran Pose, (42´), 1-1, Adrián García, (44´); 2-1, Juan, (51´); 3-1, Braiulio, (76`)
Arbitro : Iván Guerra. Amonestou a Mario, Esteban Pereiro e Rául, do Mazaricos.
CLASIFICACIÓN
1º Castriz : 74*
2º Muxía : 55*
3º Mazaricos : 55*
4º Porteño : 52
5º Outes : 49
6º Corme : 45
7º Ponteceso : 44
8º Camariñas : 38
9º Coristanco : 37
10º Cabana : 37
11º Monte Louro : 31
12º Cee : 30
13º Muros : 26
14º Volantes : 16
15º Baiñas : 15
16º Camelle : 11*
* Teñen un encontro máis
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”